extraido de Abordaxe Revista
Recibimos onte domingo este escrito das compas do grupo de Galiza Sur da Coordinadora Anticarceraria Cárcere=Tortura (CACT) onde se nos da conta do estado de saúde de Javi Guerrero Carvajal “Gaivota” e se nos informa que, de novo, está em Folga de Sede dende onte:A dia de hoxe Javi Guerrero Carvajal pesou 51,300 kg, outra vez baixou de peso aloxándose do seu peso normal 73 kg
O xoves 19 deixou de beber por quinta vez no que leva de protesta. O venres a preocupación apoderábase do cuarto e dxs enfermeirxs, voltava a mexar abundante sangue. Seguiu sen beber ata o martes pasado cando os médicos lle convenceron para que bebera e así poder subilo o cárcere para que pase pola comisión que revisa o parte disciplinario que lle puxeron en decembro. Despois de varios litros de suero embotellado como refresco, zumes e ata algún vaso de leite, o xoves infórmanlle que a comisión non o verá ata dentro dun par de semanas polo que ten decidiu volver deixar de beber apartir de hoxe, domingo 29. A súa perna esquerda volve a estar moi inchada e ten importantes fallas de memoria. O seu corpo derrúbase mentres él mesmo provoca que o faga o mais lentamente posible, intentando deste xeito alongar ao máximo unha protesta que é xa demasiado longa e que vaille deixar importantes secuelas.
Non tanto a súa moral e vontade son fortes. A súa vontade refórzase ao decatarse das torturas infrinxidas en A Lama a outros presos, na última semana. Refórzase ao recordar a Borja “Volvo” co que coincidiu nalgunha ocasión, refórzase ao recordar cando o defunto “Gaviotu” lle dicía “ehhh, rapaz!!! acuerdate que o orixinal son eu” ríndose logo, refórzase ante as palabras dos moitos solidarixs que lle escriben, ante a visión das persoas que se concentraron baixo a fiestra da súa cela hospitalaria.
A comisión de ética do Hospital Provincial de Pontevedra foi a visitalo, esperemos que iso signifique que a dirección do hospital poña máis empeño en cambiar a situación na que se encontra levando a totalidade da súa estanza no hospital (82 días) sen poder falar cos seus familiares e achegadas.
E como sempre, volve mostrar agradecemento cara á xente que esta apoiándolle e a todxs aquelxs que estan apoiando as loitas dignas das persoas presas.
GAIVOTA LIBERDADE!!!!!
SOLIDARIEDADE PRESXS EN LOITA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario