04/04/15

Queremos a nosa xente na casa! Liberade anarquistas encarceradas!!


 

extraido de Abordaxe Revista

Recollemos (e traducimos) de IndyBarna:
O luns día 30 de marzo, de madrugada, comezou unha operación ordenada polo xuíz Eloy Velasco do Xuzgado Central de Instrucción n.º 6 da Audiencia Nacional na que se rexistraron diversos Centros Sociais (Quimera e 13-14 en Madrid; La Redonda en Granada) e domicilios de Madrid, Palencia, Granada e Barcelona. Concretamente foron rexistrados 17 lugares.
A Operación Piñata, tal e como se chamou, saldouse coa detención de 37 compañeiras, 13 acusadas de resistencia e desobediencia e outras 11 de usurpación [okupación] que saíron á rúa entre o luns e o martes, á espera de xuízo.
Hoxe pasaron a disposición da Audiencia Nacional as outras 15 compañeiras baixo cargos de pertenza a “organización criminal con fins terroristas”. 10 teñen sido postas en liberdade tamén a espera de xuízo e 5 foron enviadas a prisión preventiva.

Esta operación é a continuación da chamada Operación Pandora, que comezou o pasado 16 de decembro de 2014. Na devandita operación a policía irrompeu en 14 casas e centros sociais e detiveron 11 anarquistas en Barcelona, Sabadell, Manresa e Madrid.
Todas quedaron en liberdade tras o paso por prisión de 7 delas, que foron liberadas tras un mes e medio de prisión preventiva e 3.000 euros de fianza cada unha.
Mentres tanto dende hai semanas, varios compañeiros en prisión están a realizar diferentes folgas de fame. Os presos Mouloud Legaid e Javier Guerrero a día de hoxe continúan coa protesta e José Antúnez Becerra recentemente finalizouna tras 65 días sen inxerir alimento e 5 días en folga de sede.
Os compañeiros iniciaron a folga en protesta polas condicións carcerarias, pola represión aos presos que denuncian e defenden os dereitos fundamentais, pola brutal dilación nos procedementos administrativos e xudiciais, polos malos tratos e torturas que existen nos cárceres, polo alongamento das condenas e polo tanto dor e sufrimento.
Todos os mércores ás 21 h se están a realizar concentracións solidarias na Praza de Tirso de Molina.
A represión golpea dentro e fóra e non podemos mirar para outro lado.
Hoxe leváronsenos a 5 compañeiras e é momento de demostrarlles que non están soas.
Intentaron infundir o medo, debilitar os nosos ánimos e perseguir as nosas ideas, na nosa man está impedir que o consigan.
Solidariedade. Apoio mutuo. Acción directa.
Morte ao estado. Viva a anarquía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario