25/04/15

[Madrid] Celebrouse a derradeira Concentración dos Mércores en Tirso Solidaria con xs Presxs en Luita

extraido de Abordaxe Revista

11188152_941728255872161_6822169255101902567_n
Colamos (e traducimos) do Tokata esta crónica da derradeira convocatória en Tirso, se ben sinalan que a pesar da desmobilización das concentracións permanentes dos mércores, a loita continua:

Onte miercoles 22 de Abril, a iso das 21 horas, unxs vinte e cinco ou trinta solidarixs reuníronse na praza de Tirso de Molina, en Madrid. Foi a derradeira da serie de convocatorias permanentes programadas dende hai case dous meses, para visibilizar a situación dxs compañeirxs que están a loitar nas prisións. Realizouse unha pegada de follas de papel nun dos kioskos de flores da mesma praza, que compoñían a frase “FUEGO A LAS CARCELES – LIBERTAD”
A policía, que xa estaba a esperar a xs compañeirxs na praza de Tirso de Molina dende as oito da tarde, incomprensiblemente, abandonou a praza pouco antes da hora da convocatoria para non se perder o seu Real Madrid – Atletí, ou polo menos é a conclusión á que se chegou despois de tan surrealista situación. Unha furgoneta de antidisturbios (cun só madeiro) deu algunha volta de cando en vez polos arredores. Probablemente perdese a aposta cos seus compañeiros, que estarían a gozar do partido nalgún bar próximo, e tocoulle pasear a furgoneta, atento iso si, á radio.

O colectivo de individualidades que se formou a raiz destas convocatorias, despregou a faixa que acompaña esta entrada con a lenda:
CÁRCEL DE A LAMA, FÁBRICA DE CADÁVERES
JAVIER GUERRERO CARVAJAL ¡¡¡LIBERTAD!!!
EN HUELGA DE HAMBRE – 131 DÍAS
Tras despregar a faixa, o grupo camiñou con ela ata a praza da Cebada, na Latina, ao tempo que coreaba os slogans que se veñen repetindo durante estes case dous meses nas rúas de Madrid, ao tempo que se repartían panfletos entre os transeúntes, nos que se podía ler un resumo da situación de Javier Guerrero, Noelia Cotelo e José Antunez, así como un recordardatorio ás compas represaliadas e encarceradas a raíz da Operación Piñata, a última operación fascista comandada dende o Tribunal de Órden Público (Léase AudienCIA NAZIonal) polo xuíz Velasco.
Tras facer unha parada diante do teatro da Latina, o grupo seguiu camiñado pola rúa Toledo, sen deixar de repartir propaganda e corear consignas, ata o corazón da Plaza Mayor. Deseguido, xs compañeirxs continuaron a súa marcha ata a praza de Jacinto Benavente, dende onde se procedeu a ler o comunicado da Comisión de Dereitos Humanos da agrupación Avogados Novos de Vigo, no que varios colectivos de defensa dos dereitos humanos (máis de 40 organizacións), denuncian as torturas e vulneracións de dereitos nas prisións e o caso de Javier Guerrero Carvajal que leva 130 dias de folga de fame.
Este grupo xurdido en Madrid recordounos onte á noite que a pesar da desmobilización das concentracións permanentes dos mércores, a loita continua. Pídenos que sigamos apoiando nosxs compañeirxs presxs poñendo a súa voz na rúa, ao tempo que fan un chamamento a accións solidarias con xs compañeirxs presxs e contra os cárceres, do xénero e tipo que sexan.
¡LUME AO TALEGO!! ¡LIBERDADE PARA XS COMPAÑEIRXS PRESXS!! ¡ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario