04/05/15

[CP A Lama] Sábado 16 Maio XORNADA SOLIDARIA coas PERSOAS PRESAS – TODAS Á LAMA!!

(extraido Abordaxe Revista)

Colamos esta convocatoria que apoiamos, e alén, sumámonos a súa petición de difusión tanto na rede como nas rúas; e de tal xeito colamos esta convocatoria na nosa coluna dereita de destaques.
Cartel Marcha A LamaO vindeiro sábado 16 de maio, a Asamblea para a Marcha ao C.P. de A Lama convoca unha marcha ao Centro Penitenciario de A Lama en solidariedade coas persoas presas e contra os malos tratos e as torturas practicadas neste cárcere de xeito regular, cotián e habitual, e que teñen coma consecuencia mortes de presxs (tanto suicidios coma asasinatos encubertos), autolesións e moreas de persoas destrozadas. Por suposto, todo silenciado e terxiversado polos medios de comunicación, que protexen aos represores.

A quedada será ás 11:00 da mañá no aparcamento do Punto Limpo de A Lama, dende onde se partirá ata a prisión.
Despois da Marcha, ademáis, haberá un xantar colectivo na Alameda (trae a túa comida para compartir, a poder ser vegana!) da vila de A Lama.
Despois, ás 17:00, na Casa do Pobo terá lugar unha palestra/debate con avogadxs e compañeirxs en loita contra os talegos, en torno ao tema dos malos tratos e as torturas nos mesmos, e as experiencias de loita dende dentro para resistir.
Convidámosvos a todxs a acudir para amosar o voso rexeitamento a unha institución cruel, asasina e hipócrita que castiga o delito mentras agocha os erros estructurais dun sistema sostido na miseria e a desigualdade.
Vémonos alí!!

[CP Brieva] Noelia Cotelo deixa a súa Folga de Fame tras 37 días

(extraido Abordaxe Revista)

Colamos do Tokata:
NOE (1) Noelia Cotelo Riveiro deixou folga de fame que mantivo durante 37 días, dende o 23 de marzo, no cárcere de Brieva, por que se lle permita dispoñer dos seus efectos persoais e de aseo e se deixe de poñer obstáculos insalvables á realización dos seus estudos, e en protesta polo réxime de castigo por illamento que sofre dende hai varios anos e polas torturas e malos tratos que se practican nos cárceres e que ela mesma sufriu varias veces.
Ante a falta do menor coidado médico e da máis mínima atención ás súas reivindicacións, o 12 de abril autolesionouse cortándose as veas dun brazo.

Sen que a súa situación variase en absoluto, tomou a decisión de suspender provisionalmente o xaxún ante a perspectiva dos xuízos a que ten que enfrontarse a finais de maio, arriscando ata 7 anos de cárcere, para o que necesita dispoñer de todas as súas forzas físicas e mentais.

[Pontevedra] Acción Solidaria con xs presxs.

(extraido Abordaxe Revista)

Presxs 2Nos remiten por correo a reivindicación desta gran pintada co lema “CÁRCERE = TORTURA” asinada por Individualidades Rebeldes e Solidarias, que tambén nos achegaron ás fotos que adxuntamos, e que nós, agora colamos á íntegra tal como a recibimos:
Na noite do xoves 23 ao venres 24 de abril, un grupo de solidarixs de Pontevedra dirixímonos a un dos tramos do paseo do Río dos Gafos que atravesa a cidade. Alí, usamos a pasarela dunha das entradas ao Centro de Menores Avelino Montero para baixar á outra beira do río, e usando rodillos e un cubo de pintura, fixemos unha gran pintada co lema “CÁRCERE = TORTURA”, visible para calquera que pasee pola senda fluvial durante o día.

Quenes levamos a cabo esta acción definímonos máis alá das nosas respectivas diferencias como persoas solidarias e sensibilizadas coa situación das persoas presas, torturadas, maltratadas e pechadas por unhas institucións que materializan en muros de hormigón, cámaras e rexas a barbarie cotiá e a hipocresía desta sociedade, onde uns nadan na abundancia máis inmerecida mentras outras subsisten con salarios míseros ou engrosan as listas do paro agardando unha oportunidade que non chega, ou rebuscan no lixo, ou morren de frío durmindo nas rúas, ou vense obrigadas a delinquir para sobrevivir. Non queremos negar a existencia dos delitos, nin tampouco a necesidade de crear uns medios propios cos cales xestionar de xeito común e eficaz as consecuencias de determinadas problemáticas sociais (afastados totalmente da idea histórica do Cárcere, coma concepto e realidade) pero sí negamos a lexitimidade dun Estado e un sistema criminal e asasino coma éste para valorar e xulgar os actos das demáis, amparándose nunhas leis a todas luces inxustas e que favorecen ós petos cheos, dictadas por elegantes psicópatas que naceron entre comodidades, almofadas e terciopelo.

[CP Villabona, Asturies] Omar González López “apareceu morto” na súa cela. Xa van 3 nos últimos 6 meses (27 dende 2011!!)

(extraido Abordaxe Revista)

Publicamos (unha vez traducida) esta noticia, se ben non novidade, de outra nova morte nesta prisión, que recollemos do Tokata:
carceles_pancart7O luns, 27 de abril, “apareceu” morto outro preso no cárcere de Villabona, o vixésimo sétimo dende 2011, segundo cifras oficiais, o terceiro nos últimos seis meses. Era Omar González López, un chavalote da conca mineira, langreano, con 29 anos. Os carcereiros din que o “encontraron” a primeira hora da mañá, durante o reconto de antes do almorzo, na cela do módulo 7 onde lle tiñan encerrado, xeado, sentado nunha cadeira, e que xunto ao cadáver encontraron “diversos restos (papel de aluminio, un chisqueiro…) que evidenciaban que o falecido consumira un chino”.

Oficialmente, non se sabe nada sobre as causas da súa morte, a prensa servil transmite, como sempre, a versión dos carcereiros, xunto coas consabidas fórmulas tranquilizadoras encamiñadas a xustificar a indiferenza burocrática: “o interno non presentaba patoloxía previa ningunha, polo que non se descarta que se trate dun novo caso de morte por sobredose de substancias estupefacientes” a pesar de que, como non, “os controis para descubrir drogas na prisión de Villabona se incrementaron nos últimos meses”. “O informe realizado polos médicos forenses será determinante. As investigacións para esclarecer o acontecido corren a cargo da Brigada Xudicial da comandancia da Garda Civil de Gijón. Á espera de coñecer os resultados da autopsia, os axentes interrogaron durante o día de onte os funcionarios e os internos que compartían corredor coa vítima”.
Pero tamén se fala da comparecencia, o martes, ante a “Comisión Mixta sobre o Problema das Drogas”, no congreso dos deputados, do secretario xeral carcereiro Ángel Yuste, cuxa dimisión piden demagoxicamente IU, PSOE e Foro Asturias, non porque morran os presos nos cárceres, senón por non impulsar supostamente a UTE (Unidade Terapeútica Educativa) de Villabona, buque insignia da demagoxia regeneracionista esgrimida polo partido do GAL durante o seu anterior mandato, que non supoñía ningún avance para as persoas presas, senón unha perda de dignidade e de dereitos case tan importante como o réxime especial de castigo e os FIES, en relación cos cales non é máis que a outra cara da mesma moeda, e tampouco impediu en ningún momento que a droga, legal ou ilegal, correse “como Pedro pola súa casa” por Villabona como polo resto dos cárceres, igual que agora, nin que se contabilizasen regularmente as correspondentes mortes por sobredose, igual que agora.
Todo segue o seu camiño, os presos morren, como sempre, en circunstancias nunca suficientemente aclaradas; as construtoras, as empresas de seguridade, as que explotan o traballo escravo dos presos, etc., así como os diversos tipos de “funcionarios”, medran no “negocio do control social do delito”; os traficantes, con uniforme ou de paisano explotan os seus mercados cativos, nos cárceres como na rúa; a policía interroga a todo o mundo, pero rara vez acusa máis que aos desgraciados; os xulgados xeran toneladas de papelame; a administación xustifícase; os políticos e funcionarios arribistas loitan entre eles polas fragullas do poder… sen que a ninguén deles lle importe se as persoas presas morren ou viven, aínda que tampouco lle importe utilizar os seus cadáveres como arma arrojadiza nos seus enfrontamentos retóricos. Por que non esixen, se lles importan tanto as persoas presas, que se proporcione medicación axeitada ás persoas que están a punto de morrer sen ela na mesma UTE de Villabona, mentres as administracións litigan por aforrar o gasto? Todo é “normal”, todo segue o camiño trazado, os voitres de sempre seguen indo ao seu e a nosa xente segue morrendo dentro das súas máquinas asasinas. Quixeramos que a familia e amizades de Omar saiban que compartimos a súa dor e a súa rabia. Prisión demolición!

[Galiza] Umhas oportunistas hipócritas querem vissitar os cárceres galegos e outros hipócritas negam-lho

(extraido Abordaxe Revista)

felipe-gonzalez-galVimos de saber por colectivos anti-repressivos da Galiza (1 e 2) de que, há quase quinze dias que as deputadas do Partido Socialista de Galicia, Carmen Acuña, Carmen Gallego mais Maria Quintas, solicitavam que umha delegaçom do Parlamento Galego visitara todos os centros penitenciários ubicados no País para comprovar de primeira mam a situaçom das prisons devido às numerosas queixas recibidas; tamém soubemos que esta iniciativa era a segunda que as parlamentárias do PSdG tentavam em menos de dous meses. Além nós refirem queixumentos que, dende Instituiçons Penitenciárias, negouse-lhe a entrada às deputadas, em base a que é umha competéncia do Estado e que somentes se autoriza a entrada a parlamentárias/os e senadoras/es do Parlamento Espanhol.
O curioso do caso é que esses organismos anti-repressivos cargam as tintas contra essa proibiçom e apoiam a denúncia das hipócritas do PSOE galego que se basea só em que “está a impedir-se a visita de legítimos representantes das/os galegas/os aos centros penitenciários ubicados em chão galego”.

Agora resulta que o PSOE galego preocupa-se pola situaçom das persoas presas na Galiza!! Deixade-me que ria!! As criadoras do GAL, as mesmas que tentarom criar um GAL carcerário para eliminar presos e presas da ETA dentro os cárceres; as siareiras do Mr. X; as criadoras dos macrocárceres; as mais hipócritas desta sociedade, agora, por interés eleitoral, acordam-se de que nos cárceres há maus tratos, torturas e mortes.
Pois nada, senhoras deputadas do PSOE-PSdeG, aproveitem que o dia 16 de maio há convocada umha Marcha ao CP de A Lama, esperamos ve-las alá, mesmo na cabeçeira por se querem sair na foto e arrapanhar algum voto ou algumha labaçada dos seus corpos de inseguridade, e também esperamos ver aos e ás deputadas do resto dos partidos com representaçom eleitoraleira, e também ás membros desses organismos anti-repressivos que se sumam, sem fazer crítica algumha, á petiçom destas hipócritas. Ainda que no CP A Lama nom haxa encirrado nenhum do que, algum desses organismos, gostam de qualificar nossxs presxs políticxs.
Lá nos vemos e igual, este que assina, muda de parecer respeito a essas deputadas oportunistas.
Tancredo Tantonto para Abordaxe