04/05/15

[CP Villabona, Asturies] Omar González López “apareceu morto” na súa cela. Xa van 3 nos últimos 6 meses (27 dende 2011!!)

(extraido Abordaxe Revista)

Publicamos (unha vez traducida) esta noticia, se ben non novidade, de outra nova morte nesta prisión, que recollemos do Tokata:
carceles_pancart7O luns, 27 de abril, “apareceu” morto outro preso no cárcere de Villabona, o vixésimo sétimo dende 2011, segundo cifras oficiais, o terceiro nos últimos seis meses. Era Omar González López, un chavalote da conca mineira, langreano, con 29 anos. Os carcereiros din que o “encontraron” a primeira hora da mañá, durante o reconto de antes do almorzo, na cela do módulo 7 onde lle tiñan encerrado, xeado, sentado nunha cadeira, e que xunto ao cadáver encontraron “diversos restos (papel de aluminio, un chisqueiro…) que evidenciaban que o falecido consumira un chino”.

Oficialmente, non se sabe nada sobre as causas da súa morte, a prensa servil transmite, como sempre, a versión dos carcereiros, xunto coas consabidas fórmulas tranquilizadoras encamiñadas a xustificar a indiferenza burocrática: “o interno non presentaba patoloxía previa ningunha, polo que non se descarta que se trate dun novo caso de morte por sobredose de substancias estupefacientes” a pesar de que, como non, “os controis para descubrir drogas na prisión de Villabona se incrementaron nos últimos meses”. “O informe realizado polos médicos forenses será determinante. As investigacións para esclarecer o acontecido corren a cargo da Brigada Xudicial da comandancia da Garda Civil de Gijón. Á espera de coñecer os resultados da autopsia, os axentes interrogaron durante o día de onte os funcionarios e os internos que compartían corredor coa vítima”.
Pero tamén se fala da comparecencia, o martes, ante a “Comisión Mixta sobre o Problema das Drogas”, no congreso dos deputados, do secretario xeral carcereiro Ángel Yuste, cuxa dimisión piden demagoxicamente IU, PSOE e Foro Asturias, non porque morran os presos nos cárceres, senón por non impulsar supostamente a UTE (Unidade Terapeútica Educativa) de Villabona, buque insignia da demagoxia regeneracionista esgrimida polo partido do GAL durante o seu anterior mandato, que non supoñía ningún avance para as persoas presas, senón unha perda de dignidade e de dereitos case tan importante como o réxime especial de castigo e os FIES, en relación cos cales non é máis que a outra cara da mesma moeda, e tampouco impediu en ningún momento que a droga, legal ou ilegal, correse “como Pedro pola súa casa” por Villabona como polo resto dos cárceres, igual que agora, nin que se contabilizasen regularmente as correspondentes mortes por sobredose, igual que agora.
Todo segue o seu camiño, os presos morren, como sempre, en circunstancias nunca suficientemente aclaradas; as construtoras, as empresas de seguridade, as que explotan o traballo escravo dos presos, etc., así como os diversos tipos de “funcionarios”, medran no “negocio do control social do delito”; os traficantes, con uniforme ou de paisano explotan os seus mercados cativos, nos cárceres como na rúa; a policía interroga a todo o mundo, pero rara vez acusa máis que aos desgraciados; os xulgados xeran toneladas de papelame; a administación xustifícase; os políticos e funcionarios arribistas loitan entre eles polas fragullas do poder… sen que a ninguén deles lle importe se as persoas presas morren ou viven, aínda que tampouco lle importe utilizar os seus cadáveres como arma arrojadiza nos seus enfrontamentos retóricos. Por que non esixen, se lles importan tanto as persoas presas, que se proporcione medicación axeitada ás persoas que están a punto de morrer sen ela na mesma UTE de Villabona, mentres as administracións litigan por aforrar o gasto? Todo é “normal”, todo segue o camiño trazado, os voitres de sempre seguen indo ao seu e a nosa xente segue morrendo dentro das súas máquinas asasinas. Quixeramos que a familia e amizades de Omar saiban que compartimos a súa dor e a súa rabia. Prisión demolición!

Ningún comentario:

Publicar un comentario