(extraido Abordaxe Revista)
Nos remiten por correo a reivindicación desta gran pintada co lema “CÁRCERE = TORTURA” asinada por Individualidades Rebeldes e Solidarias, que tambén nos achegaron ás fotos que adxuntamos, e que nós, agora colamos á íntegra tal como a recibimos:Na noite do xoves 23 ao venres 24 de abril, un grupo de solidarixs de Pontevedra dirixímonos a un dos tramos do paseo do Río dos Gafos que atravesa a cidade. Alí, usamos a pasarela dunha das entradas ao Centro de Menores Avelino Montero para baixar á outra beira do río, e usando rodillos e un cubo de pintura, fixemos unha gran pintada co lema “CÁRCERE = TORTURA”, visible para calquera que pasee pola senda fluvial durante o día.
Quenes levamos a cabo esta acción definímonos máis alá das nosas respectivas diferencias como persoas solidarias e sensibilizadas coa situación das persoas presas, torturadas, maltratadas e pechadas por unhas institucións que materializan en muros de hormigón, cámaras e rexas a barbarie cotiá e a hipocresía desta sociedade, onde uns nadan na abundancia máis inmerecida mentras outras subsisten con salarios míseros ou engrosan as listas do paro agardando unha oportunidade que non chega, ou rebuscan no lixo, ou morren de frío durmindo nas rúas, ou vense obrigadas a delinquir para sobrevivir. Non queremos negar a existencia dos delitos, nin tampouco a necesidade de crear uns medios propios cos cales xestionar de xeito común e eficaz as consecuencias de determinadas problemáticas sociais (afastados totalmente da idea histórica do Cárcere, coma concepto e realidade) pero sí negamos a lexitimidade dun Estado e un sistema criminal e asasino coma éste para valorar e xulgar os actos das demáis, amparándose nunhas leis a todas luces inxustas e que favorecen ós petos cheos, dictadas por elegantes psicópatas que naceron entre comodidades, almofadas e terciopelo.
Mentras Rodrigo Rato e outros apenas pisan os talegos (e cando o fan, é con toda clase de luxos e favoritismos), outras presas coma Javier Guerrero, teñen que facer folgas de fame de varios meses, poñendo en serio perigo as súas vidas, para que se escoite a súa voz máis alá dos muros do silencio que impoñen as instancias xudiciais, os medios de comunicación e os corpos policiáis. Outras compas, coma Noelia Cotelo (en folga de fame tamén dende fai máis dun mes), que sufriu intentos de violación e outras agresións sexuais por parte dos carceleiros (ademáis de malleiras, encadeamentos á cama, medicación forzosa, denuncias falsas contra ela…), morren pouco a pouco na cadea.
Non esquecemos a Gavioto, nin a Borja Martínez, nin a Xosé Tarrío, nin a ningún/ha das compas mortas nas celdas, xa sexa en Galiza, no resto do territorio controlado polo Estado español, ou mesmo noutras rexións e territorios do mundo, xa fose suicidándose ou “suicidadas” (asasinadas). Non esquecemos a quenes loitan dende dentro.
Carceleiros, policías, xuíces, fiscais, empresas que vos lucrades co negocio do encerro e a tortura, ides pagar moi caras todas as súas mortes, e o encerro ao que sometedes diariamente ás que non encaixan nas vosas noxentas normas sociais, esas que nos impoñedes a base de normativas, hostias e multas, e que son a orixe mesma de calquer delito. Estámosvos perdendo o medo, para vingarnos deste “mellor dos mundos posibles” que queredes que traguemos e que non nos da nada salvo náuseas.
Solidariedade con Noelia, con Javi, con Antúnez Becerra!!
Saúdos para as compañeiras presas en Grecia en folga de fame ata fai moi pouco, para loitar contra as medidas de excepción permanentes impostas polo Estado grego!!
Saúdos para as compañeiras en folga de fame en Chile!!
Abaixo os muros das prisións!! Abaixo a sociedade do 4º grao!!
PD: Entre o pasado xoves e o momento no que este comunicado se redacta e difunde, Javier Guerrero Carvajal comunicou dende o Hospital Provincial de Pontevedra onde se atopa ingresado que abandona a súa folga de fame, tras máis de 130 días. No Xulgado de Vixiancia Penitenciaria ignoraron os seus berros e sufrimento, e cuns “argumentos” cheos de falacias negáronlle de novo a revisión de grado que teríalle permitido acceder ao 3º grao, que en teoría correspóndelle xa por dereito ao ter cumpridas máis das dúas terceiras partes da condena. Saudamos a Javi, desexámoslle unha rápida recuperación e aproveitamos para advertir que isto non vai quedar así… Gañáchedes esta batalla, pero non a guerra.
Individualidades rebeldes e solidarias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario