04/05/15

[CP A Lama] Sábado 16 Maio XORNADA SOLIDARIA coas PERSOAS PRESAS – TODAS Á LAMA!!

(extraido Abordaxe Revista)

Colamos esta convocatoria que apoiamos, e alén, sumámonos a súa petición de difusión tanto na rede como nas rúas; e de tal xeito colamos esta convocatoria na nosa coluna dereita de destaques.
Cartel Marcha A LamaO vindeiro sábado 16 de maio, a Asamblea para a Marcha ao C.P. de A Lama convoca unha marcha ao Centro Penitenciario de A Lama en solidariedade coas persoas presas e contra os malos tratos e as torturas practicadas neste cárcere de xeito regular, cotián e habitual, e que teñen coma consecuencia mortes de presxs (tanto suicidios coma asasinatos encubertos), autolesións e moreas de persoas destrozadas. Por suposto, todo silenciado e terxiversado polos medios de comunicación, que protexen aos represores.

A quedada será ás 11:00 da mañá no aparcamento do Punto Limpo de A Lama, dende onde se partirá ata a prisión.
Despois da Marcha, ademáis, haberá un xantar colectivo na Alameda (trae a túa comida para compartir, a poder ser vegana!) da vila de A Lama.
Despois, ás 17:00, na Casa do Pobo terá lugar unha palestra/debate con avogadxs e compañeirxs en loita contra os talegos, en torno ao tema dos malos tratos e as torturas nos mesmos, e as experiencias de loita dende dentro para resistir.
Convidámosvos a todxs a acudir para amosar o voso rexeitamento a unha institución cruel, asasina e hipócrita que castiga o delito mentras agocha os erros estructurais dun sistema sostido na miseria e a desigualdade.
Vémonos alí!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario