11/05/16

[A Coruña] Nais Contra a Impunidade no banquillo

Reproducimos o texto e o cartaz co que o colectivo Nais Contra a Impunidade chaman a solidariedade co seu proceso por “inxurias contra a garda civil”, por protestar nunha concentración na que se pedían responsabilidades pola morte en extrañas circunstancias de Diego Viña, que apareceu sen vida nos calabozos do cuartelillo de Arteixo no 2004. Nun retorcido xiro dos acontecementos, agora os gardas civis responsables resultaron absoltos e os familiares, amigos e solidarios procesados:

 extraido de Abordaxe Revista

Xuicio Diego Viña
Dia 6 de Xuño de 2016, as NAIS CONTRA A iMPUNIDADE NO BANQUILLO. Procesadas e acusadas dun delito de Inxurias, por pedir o esclarecemento da morte de Diego Viña Castro, falecido con 22 anos no Cuartel da Garda Civil de Arteixo.
Charla das persoas procesadas Sábado 4 de Xuño de 2016, as 20,00 h no Ateneo Libertario Xosé Tarrío.
Concentración diante dos Xulgados de A Coruña, Luns 6 de Xuño as 9,30 h.
Nos mais mortes baixo custodia.
Queremos saber como morreu diego.
‪#‎15procesad‬@s
info@naiscontraimpunidade.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario