extraido de Abordaxe Revista:
Recollemos do blogue "Caderno Senlheiro"
Onte domingo 21 de Xullo Adrián cumpriu 28 anos. Se alguén se anima a mandarlle unhas letras a súa direción é a seguinte:
Adrián Mosquera Pazos
Centro Penitenciario de Asturias, Finca Tabladiello (Villabona)
C.P.33480 Asturias
Gustaríanos que recibise uns parabéns masivos, xa sexa en postal en carta ou enviandolle unha foto...
Actualmente, Adrián permanece ingresado no Hospital Universitario de Oviedo, dende o venres 5 de xullo. No hospital non pode recibir cartas mais gustaríanos que á sua volta ao cárcere tivese moito que ler e respostar.
Os cambios e traslados sufridos nas últimas semanas, a presión dos módulos de respeto, as comunicacións intervidas, atoparse lonxe da súa terra e o feito de permanecer en prisión preventiva baixo a lei antiterrorista á expectativa dun xuízo que non ofrece as mínimas garantías de legalidade, desembocou nun cadro deansiedade e paranoia, precisando o seu traslado ao centro hospitalario no que continua recibindo tratamento médico profesional.
Queremos aproveitar para denunciar a falta de información á familia e que non facilitasen o seu dereito á visita dun profesional médico externo ao cárcere e non trasladasen a Adrián ao hospital para evitar esta situación de urxencia.
Tamén decir que mesmo nos mentiron sobre a medicación que lle estaban dando a Adrián, feito que xa nin nos sorprende.
Moitas gracias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario