Colamos esta información que (traducimos e) recollemos do blogue "El Callejón de la Doncella" ao respeito da situación actual de Noe contada pola súa nai Lola:
Lola, a nai de Noe (presa galega dispersada na actualidade en Albolote, Granada, e que leva privada de liberdade máis de 6 anos, baixo estrictos rexímenes de illamento que violan o réximen penitenciario e a lei orgánica penitenciaria xeral), fixo chegar esta súa chamada de socorro e solidariedade ante a grave situación da súa filla:Olá amig@s e compañeir@s, non sei como explicalo, isto parece de terror incríbel pero por desgracia de muit@s certo: Había case un mes ke non sei nada de Noelia, a miña filla, hoxe chamoume, leva dende o día 14 en Folga de Fambre porke están a denegarlle as comunicacións tanto por carta como por telefone, ela mesma autolesionouse para poder ir a emfermería e poder chamarme para contarme todo o ke lle están facendo: "Non lle deixan cursar denuncia algunha, sacaronlle toda a súa roupa, romperonlle todas as fotos miñas e de amig@s, tiraronlle o chanpú, o xel de baño, o xabrón de lavala roupa, etc etc... , dixeronlle ke comprara máis e ke se o kería tiña economato".
Dime ke antes eran os carcereiros maiores, desta volta son os ke acaban de sair da academia, "hai ke foderse como os teñen adestrados a estos cans gardiáns do estado, eu non podo máis, non sei como tomalo desta vez, son tantas inxustizas, non sei como estes selvaxes poden irse trankilamente ás súas casas despois de xornadas de malos tratos ás persoas"...
"Non pido nada, só xustiza e se non a atopo non sei do ke sería capaz, estou ata os ovarios, sempre pagamos os pobres, os sen nada, pero iso si, os ke temos dignidade e non somos selvaxes como eles.
Pronto teremos ke facer algo, como enviar faxes ou cartas, ke aínda ke non se llas den, ke saiban ke non está soziña".
Mil grazas a todos, eu soa non podería.
Abrazos libertarios.
Lola Rivero, nai de Noelia.
Dende o blogue "El Callejón de la Doncella" propoñen como forma de repulsa inmediata ante esta situación un envío masivo de cartas a Noe.
O enderezo para escribirlle é:
Noelia Cotelo Riveiro
Centro Penitenciario "ALBOLOTE"
Módulo de Aislamiento, Galería C,
CP. 18220. Granada
Centro Penitenciario "ALBOLOTE"
Módulo de Aislamiento, Galería C,
CP. 18220. Granada
extraido de Abordaxe Revista
Ningún comentario:
Publicar un comentario