(extraido de Abordaxe Revista)
Información publicada por “v.s.” no IndyBarna (que traducimos):
Informamos de que a compañeira Noelia Cotelo, recentemente trasladada á prisión de Brieva, Ávila, estivo enferma con vómitos a semana pasada, negàndose o C.P. a brindarlle asistencia médica. Agora mesmo encóntrase mellor, polo menos deixou de vomitar. Recordar que é neste centro de exterminio onde xa estivera secuestrada anteriormente, e no que sufriu diversas agresións, entre elas unha agresión sexual, esta concretamente por parte dun verdugo que se chama Xesús. Esta agresión foi denunciada pola compañeira, e posteriormente arquivada con total impunidade. Na actualidade, é este verdugo quen lle leva a comida.
Tamén está a haber problemas coa súa conta de peculio, e é que non lle está a chegar o diñeiro que se ingresa nela; Lola, a nai de Noe, achega a súa conta persoal para o caso de que alguén estexa interesado en apoiar economicamente á compañeira 0049 0750 2524 9027 6608, (isto pódese confirmar a través do facebook de Lola). É moi importante difundir que o que se lle ingrese na súa conta de peculio non lle vai chegar…
A dispersión cobra un novo significado cando se trata de mulleres presas, as posibilidades de aloxamento son menores, o cal amplía as escusas para as cundas, a dispersión e o illamento… Noe, compañeira en loita represaliada xa en infinitas ocasións, é un bo exemplo diso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario