07/01/15

URXENTE!! [Pontevedra] Hoxe 7 às 19:00′ Concentración diante do Hospital Provincial en solidariedade con Javi en Folga de Fame e Sede Indefinida

(extraido de Abordaxe Revista)
O Grupo de Apoio a Presxs en Loita Galiza Sur- CACT (Coordinadora Anticarcelaria Cárcere=Tortura) nos enviou un seu correo con esta convocatoria solidaria e contando a preocupante situación actual de Javi, en folga indefinida de fame e sede e ingresado no hospital provincial de Pontevedra tras perder máis de 11 kilos e serlle diagnosticado principios de hipoglicemia e fallo renal

Dibujo
Javi Guerrero Carvajal en folga de sede dende que cumplió 22 días da súa folga de fame que comenzara na noite do 12 de decembro no cárcere de A Lama en protesto por terlle negado o permiso ò que tiña direito
Mudamos de ano pero para o preso Javier Guerrero Carvajal non mudou nada, continúa a súa folga de fame e engadiú a folga de sede a súa protesta (1) contra as decisións arbitrarias e crueis da administración penitenciaria e polo trato degradante e torturas a poboación reclusa (2).

Hoxe cúmprense 25 días da súa folga de fame e 4 da súa folga de sede (que comenzou en 3 de xaneiro). Despois da promesa incumprida por parte da subdirección de seguridade de quitarlle o parte polo que lle suspenderan o permiso que tiña concedido para o pasado 30 de decembro, a situación segue igual, ou pior aínda se atendemos ao seu grave estado de saúde que padece despois de tantos días sen inxerir alimentos e sobretodo polos días que leva sen beber, o que empiorou a súa situación sanitaria na que se atopaba previamente, xa mermada polas secuelas que lle deixaran outras dúas folgas de fame que fixera anteriormente.
Pesa case 11 kilos menos e xa ten principios de hipoglicemia e fallo renal segundo as últimas análises que lle fixeron na enfermaría da prisión, por eses motivos en 5 de xaneiro foi trasladado ao Hospital Provincial de Pontevedra
É evidente a crueldade da administración cando é capaz de suspender un permiso en fin de ano a alguén por non levar etiquetado un discman. Primeiro coaccionan às testemuñas do sucedido, para rematar trasladando a Javi a un outro módulo. Agora a dirección da prisión pretende trasladarlo a Sevilla.
Así, o cárcere crea un problema onde non o había, instrue partes de sanción ilegalmente e cando hai protesta se coacciona às testemuñas e intimídase ás persoas abusando do seu poder. No momento no que comenza a facerse pública a súa situación, queren desfacerse do problema trasladando à persoa presa; ao tempo que o xulgado de vixilancia penitenciaria fai caso omiso do problema e non atende as queixas das persoas cuxos dereitos debería protexer.
Dende o Grupo de Apoio a Presxs en Loita Galiza Sur- CACT (Coordinadora Anticarcelaria Cárcere=Tortura) pedimos o máximo apoio para Javi e a máxima difusión do desesperado acto de protesta que está realizando.
Exiximos:
- Se lle retire o procedimento sancionador iniciado.
– Se lle retorne, na máxima brevidade, o seu dereito ao permiso ordinario ao que tiña dereito.
– O cese das coaccións e torturas psicolóxicas e físicas às que son sometidas as persoas presas que actúan para defender os seus dereitos.
– o exercicio efectivo do control xudicial à administración penitenciaria en materia de seguridade e réximen.
O actuar despótico no cárcere de A Lama é xa de dominio público, claramente contrario aos dereitos humanos. Contundente debe ser o apoio aos e às que defenden às persoas que están en situación de maior vulnerabilidade.

CHAMADAS E ENVIO DE FAXES AO CARCERE DE A LAMA
FAX: 986758011
TELEFONO: 986758000
FAGAMOS QUE JAVI SINTA O NOSO APOIO, ESCRÍBELLE:
JAVIER GUERRERO CARVAJAL
CP A LAMA
MONTE RACELO S/N
36830 A LAMA (PONTEVEDRA)
MORDAZA, NIN DENTRO NIN FÓRA!!!
DIFUNDAMOS A LOITA DXS SEN VOZ!!!
SOLIDARIEDADE COXS PRESXS EN LOITA!!!

 
(1) Tirado de Esculca: Segundo narra o seu avogado Raúl López, tres foron as circunstancias que propiciaron o protesto de Guerrero Carvajal: As coaccións e malos tratos ós que, asegura, son sometidos Javier e os seus compañeiros, a ineficacia sanitaria e a habitual vulneración de dereitos fundamentais na cadea.
“En canto á desatención médica, o centro penitenciario negoulle a saída ao hospital para unha cirurxía prevista para o 9 de decembro, presuntamente, por falta de vehículo”, relata o letrado. Guerrero Carvajal sofre unha fibromialxia e inda está a padecer as secuelas de dúas folgas de fame que realizou no pasado.
En segunda instancia, Guerrero tiña concedido un permiso de saída para o día 30 de decembro que lle foi suspendido ao atoparlle, os funcionarios, un disckman na súa cela sen etiquetar, é dicir, sen o nome de propietario. “Malia que Javi dirixe varias alegacións perante o Valedor do Pobo, os Xulgados de Vixilancia Penitenciaria e a dirección do cárcere, incluíndo a declaración dun compañeiro que se identifica coma o verdadeiro propietario do aparato e doutro reo que apoia esta versión, inda non recibiu resposta”, explica López. Segundo afirma o propio preso, él e os presos que actúan de testemuñas están a padecer coaccións e malos tratos dos funcionarios para que retiren as alegacións.
Doutra banda, “as consecuencias dos xaxúns non se fan esperar”, asevera López. A quince días de iniciar a folga de fame, notifícanlle a Guerrero o seu inminente traslado a Sevilla. O avogado amosa a súa preocupación polo traslado, dado a extrema gravidade do seu estado de saúde. “Javi ten pendentes varias citas médicas e permisos de saída en Galicia. A súa partida dilataría enormemente ámbolos dous procesos; tería que comezar de novo”, aclara.
(2) Nota de Abordaxe.- Tal como están bombardeando nos falsimedios, non todos os presos receben o mesmo trato degradante. Algúns mesmo obteñen sen problema algún os beneficios òs que supostamente terían todos dereito como no caso de Jaume Matas ou Ortega Cano. A este respeito aconsellamos a leitura dos textos da APDHA “Los Tratos De Favor En Prisión: Dignidad Para Todas Las Personas” e de Salhaketa Nafarroa “Todas Las Personas Presas Son Chivos Expiatorios. Sí, También Los Corruptos”, ambos publicados no Boletín Tokata

Ningún comentario:

Publicar un comentario