(extraido de Abordaxe Revista)
Reproducimos e damos pulo a esta nova Convocatoria Solidaria que recibimos por correo:
O próximo 26 de Xaneiro convocamos unha concentración en solidariedade
con Javier Guerrero Carvajal, preso en loita do C.P. A Lama que leva en
folga de fame varias semanas e que dende fai uns días comezou folga de
sede, a cal leva a cabo en intervalos. A súa saúde atópase en serio
perigo, e por iso atópase hospitalizado no Hospital Provincial de
Pontevedra, lugar escollido para a concentración.Queremos denunciar a situación de Javier, quen corre graves riscos para visibilizar os malos tratos que moreas de presxs sufren nas cadeas do Estado español, onde se agochan as consecuencias dos fallos do sistema, e as voces discordantes cálanse a golpe de malleira, isolamento e psicofármacos. Javier é un preso en loita, é un dxs nosxs, e non imos asistir impasibles a como o Estado e a Democracia nos rouban a outro compañeiro.
26 de Xaneiro – 18:30 h.
Hospital Provincial de Pontevedra (R/ Loureiro Crespo, nº 2)
Traede cartas e outros escritos solidarias para tentar que lle sexan entregados a Javier.
Vémonos alí!
Algunhas solidarias…
Ningún comentario:
Publicar un comentario