(extraido de Abordaxe Revista)
Tal como xa vos comentáramos, o compañeiro Javi Guerrero, preso do CP de A Lama, leva dende o día 5 ingresado no hospital provincial de Pontevedra a consecuencia da gravidade do seu estado de saude, depois de se poñer en folga de fame na noite do día 12 de decembro (na que ainda segue despois de 34 días e noites) e de sede en 3 de xaneiro (folga que deixou aos poucos de ser ingresado no hospital).As compas da Coordinadora Anticarceraria Cárcere=Tortura (CACT) da Galiza Sur nos remiten esta nova convocatoria de concentración solidaria para con Javi que terá lugar este vindeiro Domingo 18 às 19:00′ diante do Hospital (r/ Loureiro Crespo, 2). Alén as compas da Galiza sur- CACT nos remitiron, despois de publicada esta entrada, un texto con a situación que está a vivir Javi na súa cela do hospital, motivo da actualización desta entrada, que colamos de seguido:
Continúa a folga de fame do preso Javier Guerrero Carvajal no Hospital de Pontevedra
Javi foi ingresado de urxencia no Hospital Provincial de Pontevedra o pasado luns, 5 de xaneiro, despois de 24 días sen comer e máis de 2 días de folga de sede.
O activista polos dereitos das persoas presas demanda a correcta aplicación do regulamento penitenciario, unha sanidade digna para os internos, o cese da represión aos que defenden os seus dereitos, que se resolva a súa situación penitenciaria, despois de dous recursos aos sucesivos mantementos de grao, e o restablecemento do permiso suspendido.
Coa súa loita lembra as pasadas loitas de compañeiros na cadea de A Lama no presente ano, onde algúns fixeron xexúns, prantes, cortes de veas e folgas de fame, como a de 50 dias que fixera Emilio Sánchez en agosto e setembro deste ano. Tamén lembra a morte do preso e activista “Gaviotu” en extrañas circunstancias en Abril deste ano.
O preso deixou a folga de sede o mércores 7, despois de case 4 días sen beber, estando a súa saude en grave risgo. Ten diferentes doenzas que están a agravarse polo acto de protesta, e espérase que quede ingresado varias semanas máis.
O pasado mércores día 7, Javi asomouse a fiestra e puido ver e saudar aos solidarixs que concentráronse ás portas do Hospital para dar visibilidade a súa loita, cousa que ata agora non fixeron os mass media que seguen calados.
Por outro lado o cárcere continúa a dificultar a visita de amigxs e familiares no Hospital e, incluso, dos avogados que lle asisten.
Queremos que Javi saiba que non está só, e que o persoal do Hospital se entere que teñen ingresado un loitador. Sobretodo, que a institución penitenciaria saiba que apoiamos as suas demandas , pólo que pedimos mandar cartas de solidariedade:
JAVI GUERRERO CARVAJAL
Hospital Provincial de Pontevedra (unidade penitenciaria)
Loureiro Crespo, 2, 36002 Pontevedra
A SUA LOITA É A NOSA
ÁNIMO JAVI!!! ARRIBA OS QUE LOITAN!!
Galiza sur- CACT
Máis Información neste blogue sobre a Loita de Javi:
[CP A Lama] Javi Guerrero en Folga de Fame indefinida dende o 12 de decembro. Comunicado
URXENTE!! [Pontevedra] Hoxe 7 às 19:00′ Concentración diante do Hospital Provincial en solidariedade con Javi en Folga de Fame e Sede Indefinida
Crónica de XV Marcha a Teixeiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario