19/06/13

Declara como imputado funcionario do CP de Teixeiro


por rigor innecesario e tortura a interno no penal
18/06/2013
O pasado dia 14 declarou  perante o xulgado de instrución número dous de Betanzos, en calidade de imputado por delito de rigor inncesario e tortura, o funcionario de prisións  nº 312 do  C.P. de Teixeiro no decurso das dilixencias previas en que EsCULcA actúa como acusación popular e figuran cono prexudicados os presos do módulo de isolamento FJFC e GWM.
O imputado rexeitou responder as preguntas da acusación popular comparecente sobre o acontecido e, ao se perguntado pola xuíza de instrución, mostrouse incapaz de explicar convincentemente que motivos o levaran a entrar o 8 de xuño de 2012 na cela do preso que alegadamente teria agredido, limitándose a referir unha e outra vez o parte escrito pola propia institución penitenciaria.
Non obstante, a súa declaración si confirmou a veracidade das declaracións testemuñais dos presos, tanto no que se refere á hora de produción dos feitos como a outras circunstancias periféricas, e a súa presenza corroborou a descrición que do alegado agresor fixeran as testemuñas  (individuo de cabelo roxo e grande envergadura fisica).
EsCULcA reiterou a solicitude de práctica de dilixencias consistentes en novas probas testemuñais.
Ver aqui notícia anterior.
Ver aqui noticia en Abordaxe Revista

Ningún comentario:

Publicar un comentario