19/06/13

Video reportaxe: "O que non van contar na TV sobre o xuizo a catro independentistas galeg@s. Testemuñas da excepción".

Extraido de Abordaxe Revista.


Recibimos de Galiza Contrainfo un seu correo pedindonos "a sua difusión, que compartillemos e espallemos este video e a solidariedade, a reflexión e o apoio nestes momentos tan decisivos para o futuro destas catro persoas para fazer posíbel que a súa impunidade e criminalización non nos deixe cegas e xordas, e que asi sexamos moitas máis as testemuñas da excepción". Petición à que con gosto e solidariedade acedemos, e para tal colamos a video reportaxe e mais o texto que elabouraron para a sua estrena na rede, realizada onte às 20:00':

Nas semanas anteriores ao xuízo aos catro independentistas galeg@s na Audiencia Nacional, que decorrerá 24 e 25 de xuño, desde Galiza Contrainfo gravamos e editamos esta reportaxe sobre a situación dos presos políticos galegos, a vulneración dos seus dereitos e os das súas familias coa dispersión imposta, baixo a lexislación antiterrorista e coa criminalización dos medios de comunicación hexemónicos.

Conversamos coa nai de Eduardo Vigo, Aurora Domínguez, que nos acolleu na súa casa de Angrois, para falar da situación do seu fillo. No parque de Bonaval falamos con Xosé Lois Santos, pai de Antom Santos, sobre o seu percorrido desde que ingresaron ao seu fillo no cárcere.

Entrevistamos en Ourense ao presidente de Esculca, Fernando Arce, sobre dereitos humanos, estado de excepción e a (i)legalidade vixente.

Tamén falamos con Afonso, portavoz de Ceivar, antes da mobilización do organismo anti-represivo que percorreu Compostela baixo o lema de "a nosa solidariedade é imparábel".

Esta é a nosa aportación para que outras voces falen, relatos que non van aparecer na televisión sobre o xuizo da próxima semana.

eDu

Ningún comentario:

Publicar un comentario