12/01/13

Régimen F.I.E.S. O El Aislamiento Carcelario Como Exterminio

Régimen F.I.E.S. O El Aislamiento Carcelario Como Exterminio
El régimen FIES, cuyas siglas significan Ficheros de Internos de Especial Seguimiento entró a formar parte de nuestro ordenamiento penitenciario en el año1996 a través de una Instrucción de la Dirección General de Instituciones Penitenciarias, la nº 21/1996.
Es difícil saber exactamente en qué momento nacen estos ficheros, ya que nunca han gozado de la publicidad que este tipo normas restrictivas de derechos exigen y parece que ya en el año 83, se empieza a hablar de FIES 1 como respuesta a asociaciones de presos reivindicativos, en el contexto de luchas dentro de las cárceles.

10/01/13

Novedades Noelia Cotela 09/10/2013

Hoxe Noelia recibiu un escrito onde se lle notifica que o carceleiro que intentou abusar dela acudiu a súa cela porque ela o chamou dicindo que lle doía a man e él foi a facerlle saber que eso non era unha urxencia médica. Tamén lle comunican que lle caen 28 días en illamento. 
Ademáis o subdirector médico non quixo atendela, xa que aproveitou que comunicaba coa súa nai para dicirlle que se non colgaba a chamada marcharía e non a vería. Noelia díxolle que esperase a que terminara a comunicación e él finalmente marchou cumprindo a súa ameaza.


08/01/2013
Segundo as últimas novas chegadas dende Brieva, a semana pasada tivo lugar un forte enfrentamento entre seis internas e funcionarixs. Os feitos ocurriron no módulo vermello, varias das internas presentan hematomas e algunha tivo que ser trasladada ao hospital para atención médica. Agora mesmo todas elas se atopan no módulo amarelo, no mesmo que se atopa Noelia, polo que en todos estes días só lle están permitindo sair ao patio media hora pola mañá e media pola tarde, agravando a dura situación que xa ven padecendo dende hai meses.


Que voltem a casa XA!!!!

QUEREMOS SABER COMO MORREU TONI

O DÍA 16 DE XANEIRO DE 2010 MORREU DE FORMA VIOLENTA NO CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO ANTONIO PALLAS GARCIA, TIÑA 29 ANOS.

  • NESTES ULTIMOS ANOS XA VAN MOITOS PRESOS MORTOS EN EXTRAÑAS CIRCUNSTANCIAS NO CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO.
  • ADEMAIS VÓLVESE A PRODUCIR UNHA MORTE INVEROSIMIL POR AFORCAMENTO AO IGUAL QUE O RAPAZ DIEGO VIÑA MORTO NO CUARTEL DA GARDA CIVIL DE ARTEIXO.
  • A SOCIEDADE ANTE ESTES FEITOS SE PREGUNTA:
  • CANDO REMATARÁ A IMPUNIDADE? ,CANDO SE INVESTIGARÁN ESTAS MORTES?
  • CANTOS MAIS TEÑEN QUE MORRER PARA QUE NOS PERCATEMOS QUE A CADEA É UN CENTRO DE EXTERMINIO?

Moço detido em Ames denuncia torturas


A TVG vulnera o direito à presunçom de inocência
08/01/2013
Segundo diferentes fontes, H.M.P., detido na noite do 7 de janeiro em Ames, teria denunciado durante o registo da sua vivenda ter sido objeto de ameaças e torturas. A informaçom emitida pola RTVG vulnerou o direito à presunçom de inocência do jovem e doutras persoas detidas com anterioridade, algumha delas em liberdade sem cargos.

08/01/13

Reclaman que non se supriman as gardas médicas en prisións españolas


UNHA MEDIDA CONTRA A SAÚDE DAS PERSOAS PRESAS
07/01/2013
Máis dúas asociacións reclaman que se anule a decisión de suprimir as gardas médicas presenciais nalgunhas prisións. Anteriormente, a SESP manifestara o seu rexeitamento por entender que a medida provocará un empeoramento da saúde xeral e unha vulneración dos dereitos da asistencia médica ds persoas privadas de liberdade.

Funcionários de Teixeiro denunciados por torturas


DRAMÁTICAS CONSEQUÊNCIAS DA IMPUNIDADE


06/01/2013
O 17 de dezembro do pasado ano, A.P.R., actualmente interno na Lama, apresentou denúncia contra vários funcionários do cárcere de Teixeiro por torturas e falta de assistência médica adequada. A violência da agressom de que foi vítima provocou-lhe umha hemorrágia interna, a fratura de dous arcos costais e a rotura do baço, que tivo de ser extirpado.

Nova vulneración de dereitos no cárcere da Lama


ESCULCA SOLICITA A INTERVENCIÓN DA DEFENSORÍA DEL PUEBLO
06/01/2013
O pasado 3 de xaneiro, EsCULcA enviou escrito á Defensoría del Pueblo en que solicita se tomen as medidas precisas para restaurar o dereito á saúde dun interno do cárcere da Lama a quen foi suprimida medicación pautada por especialistas sen que se tivese producido modificación no estado do interno ou no diagnóstico que xustifique esa supresión.