08/01/13

Nova vulneración de dereitos no cárcere da Lama


ESCULCA SOLICITA A INTERVENCIÓN DA DEFENSORÍA DEL PUEBLO
06/01/2013
O pasado 3 de xaneiro, EsCULcA enviou escrito á Defensoría del Pueblo en que solicita se tomen as medidas precisas para restaurar o dereito á saúde dun interno do cárcere da Lama a quen foi suprimida medicación pautada por especialistas sen que se tivese producido modificación no estado do interno ou no diagnóstico que xustifique esa supresión.

A medicación foi suprimida por unha facultativa do corpo de Institucións Penitenciarias e, a pesar das numerosas solicitudes cursadas polo interno (E.G.S.), en que se acredita que o tratamento foi implantado por médico especialista, até o momento o centro penitenciario non rectificou unha decisión que pode resultar perigosa para a saúde de E.G.S. Tampouco as reiteradas solicitudes de ser examinado por un médico especialista tiveron resposta.
EsCULcA estima que os feitos son graves, por suporen unha infracción do dereito á saúde do penado, tanto na sua faceta de asistencia médica (denegación de consulta con especilaista) como de tratamento farmacolóxico, con influencia negativa no tratamento e progresión do penado, polo que solicita a intervención da Oficina do Defensor del Pueblo e a adopción das medidas necesarias para restaurar o dereito lesionado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario