10/01/13

Novedades Noelia Cotela 09/10/2013

Hoxe Noelia recibiu un escrito onde se lle notifica que o carceleiro que intentou abusar dela acudiu a súa cela porque ela o chamou dicindo que lle doía a man e él foi a facerlle saber que eso non era unha urxencia médica. Tamén lle comunican que lle caen 28 días en illamento. 
Ademáis o subdirector médico non quixo atendela, xa que aproveitou que comunicaba coa súa nai para dicirlle que se non colgaba a chamada marcharía e non a vería. Noelia díxolle que esperase a que terminara a comunicación e él finalmente marchou cumprindo a súa ameaza.


08/01/2013
Segundo as últimas novas chegadas dende Brieva, a semana pasada tivo lugar un forte enfrentamento entre seis internas e funcionarixs. Os feitos ocurriron no módulo vermello, varias das internas presentan hematomas e algunha tivo que ser trasladada ao hospital para atención médica. Agora mesmo todas elas se atopan no módulo amarelo, no mesmo que se atopa Noelia, polo que en todos estes días só lle están permitindo sair ao patio media hora pola mañá e media pola tarde, agravando a dura situación que xa ven padecendo dende hai meses.


Que voltem a casa XA!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario