12/05/13

Tatoo Circus de A Coruña, 17, 18 e 19 de Maio no CSO Palavea


Dentro de pouco máis dunha semana, entre o venres 17 e o domingo 19 do presente mes de Maio, celebrarase no C.S.O.A. Palavea (rúa Río Quintas nº31, na N-550 ao lado da discoteca OH!Coruña) a primeira edición en Galiza dun Tatoo Circus .Trátase dun festival solidario do mundo das tatuaxes e outros métodos de modificación corporal no que a absoluta totalidade dos beneficios recadados se destinan ao apoio de persoas presas. Tamén haberá espectáculos, concertos e palestras de temática antirrepresiva.

Se estabas a pensar en facerte un piercing ou tatuaxe, alí poderás facelo a un prezo extremadamente barato e aínda por riba apoiando unha causa solidaria.


Próximamente ampliaremos a información neste mesmo blog, mentres tanto aquí deixamos unha descripción do evento facilitada polos seus organizadores:

TATTOO CIRCUS é un encontro enfocado á recadación de fondos para o apoio
a persoas presas ou proxectos antirrepresivos, mediante a realización de
tatuaxes, piercings, escarificacións ou calquera forma de modificación
corporal, así como de concertos, xantadores, palestras, exposicións...,
que acompañan e dotan dun contido político a esta actividade.

O Tattoo Circus nace en Roma fai uns anos e rapidamente trasládase a
bastantes cidades europeas (Barcelona, Londres, Tesalónica, Cádiz...) e
espontaneamente trázase unha dinámica común á hora de organizalo. Aínda
que cada grupo, en cada lugar é totalmente autónomo, hai unha base común
que se pode resumir en varios puntos:

- Cartos: Todo o recadado destinarase íntegramente á loita pro-presxs,
tanto en financiamento de proxectos de este tipo (Campaña
CÁRCERE=TORTURA), como ao apoio directo.

- Organización: A organización do Tattoo Circus é asamblearia e
horizontal. Ninguén recibe ningún tipo de remuneración. Tatuadorxs,
anilladorxs, grupos de música e toda persoa que participe o fai de forma
solidaria. Únicamente estimarase o pago da viaxe a quen veña de fóra no
caso que sexa estritamente necesario por non haber xente do lugar que poda
facer este cometido ou por non poderse sufragar a simesmx a viaxe. A todxs
se lles dará de comer, consumicións e aloxamento.

- Contido: O Tattoo Circus non xira ao redor da tatuaxe nin dos piercings.
A súa base é a loita contra os cárceres e contra a represión. Por iso debe
ir acompañado de palestras, difusión anticarcelaria, películas,
actuacións, buzón de correo para escribir a presxs ou calquera idea que
lle dote de contido. O Tattoo Circus non se centra na estética, trátase
dunha actividade en pro da solidariedade revolucionaria.

TATTOO CIRCUS GALIZA

Por primeira vez, o Tattoo Circus vaise celebrar na Galiza, concretamente
no Centro Social Okupado e Autoxestionado de Palavea na Corunha. Un espazo
de máis de 7000 metros cadrados que leva funcionando de xeito continuo e
cunha actividade permanente dende máis de dous anos.

O CSO conta con espazos independentes, perfectamente acondicionados e
adaptados, separados uns dos outros para non entorpecer o desenvolvemento
de cada actividade, así coma o descanso dxs participantes e colaboradorxs:

- Zona de tatuaxes

- Zona de piercings, escarificacións e modificacións corporáis

- Sala de esterilización

- Sala de concertos

- Sala de proxeccións

- Zona de espectáculos (antiga capela)

- Lavabos

- Espazo aberto con casetas de circo

- Info Point

- Sala para encontros/palestras/obradoiros

- Comedor

- Cafetería


Os días 17, 18 e 19 de maio o Tattoo-Circus terá lugar no Centro Social
Okupado de Palavea: Rúa Río Quintas 31, A Corunha,Buses:22, 20 e 1A (na
estrada a Compostela)

-okupacorunha.wordpress.com


Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós:

- www.tattoocircuscorunha.narede.gl

- tattoocircuscorunha@mail.com

- www.facebook.com/tattoocircuscorunha

Vémonos na Corunha!

ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS!


extraido de Abordaxe Revista

Ningún comentario:

Publicar un comentario