01/04/13

EsCULcA reclama o traslado de Noelia Cotelo a Galiza


A Institucións Penitenciarias e o penal de Brieva
21/03/2013


En apoio á campaña polo translado de Noelia Cotelo, presa galega que padece dispersión desde hai cinco anos, a un cárcere próximo ao seu lugar de orixe na Galiza,  EsCULcA enviou o 21 de Marzo escrito á Secretaría de Institucións Penitenciarias e á  Xunta de Tratamento do penal de Brieva. Quen quixer apoiar esta petición encontrará abaixo modelo de escrito.
Lembra EsCULcA no seu escrito que os artigos 12.1 LOGP e 9 RP establecen que: «a politica de redistribución xeográfica  dos penados debe estar encamiñada a evitar o desarraigamento social dos mesmos, procurando que as áreas  territoriais  coincidan, na medida do posible, co mapa do Estado das Autonomias, dedicándose  aos penados de cada área, a totalidade da capacidade dos centros de cumprimento que na mesma se ubiquen e procurando que cada área conte co número suficiente de establecementos para satisfacer as necesidades penais" sí como de "departamentos especificos para programas relativos a drogodependencias situados en diferentes areas xeográficas  para evitar,  no posible,  o desarraigamento social dos internos que sigan programa en eles» (art. 116.3 RP).
O non cumprimento desta norma, é continuamente motivo de preocupación  nos informes do Defensor del Pueblo, subliña EsCULcA, lembrando que nos seus relatorios pon de relevo "bo número  das queixas que expoñen os internos veñen referidas ao afastamento que sofren respecto das súas familias, sen que aparentemente existan motivos para iso."
Non esquece EsCULcA salientar que o art. 25.2 CE, que establece que o cumprimento das penas privativas de liberdade debe estar orientado à reinserción social das persoas penadas, é de directo cumprimento ao estar incluído na Sección primeira do Cap. II do Título I da Constitución.

extraido da Web de Esculca, mais info aqui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario