Reproducimos o seguinte correio chegado ao nosso correo da Rede de Apoio a Carlos Calvo, que podes atopar aqui: De Volta para Loureda
Garcia
Mc, ordense, músico membro de Dios ke te Crew e Labreg@s do Tempo dos
Sputniks, manifesta a súa solidariedade cos presos e denuncia que a
prisión está feita para a xente que se rebela, para a xente humilde e
sinxela.
Ӄ
moi forte de repente atoparte con que as formas represivas as sofre
xente da nosa contorna máis directa. Por que? Por pensar diferente, por
reivindicar, por reclamar os nosos dereitos colectivos”.
O
soño de García: “Que os que son corruptos, os que nos maltratan
sistematicamente, os que levan ao pobo á desesperación, antes de que
caian os muros das prisións, os desfruten un tempiño, e despois xa que
dunha vez por todas caian os muros da incomunicación, das prisións, e
poidamos vivir nunha sociedade digna, libre, xusta, realmente
democrática, onde se traten as diferencias que teñamos dunha maneira en
que se respecten os dereitos fundamentais das persoas. Abaixo os muros
das prisións, nin FIES, nin dispersión nin enfermos en prisión.
Liberdade para Carlos, liberdade para todxs”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario