12/03/13

Carlos Calvo. Solidariedade.


Recivimos no nosso correio unha mensaxe da Rede de Apoio a Carlos Calvo. Como eles mismos dín:
Somos a Rede de Apoio a Carlos Calvo, un grupo de familiares e amigos de Carlos que impulsamos desde hai uns meses o blog De Volta para Loureda -http://devoltaparaloureda.wordpress.com/ - , unha páxina na que,  xunto co perfil de Facebook -http://www.facebook.com/rede.deapoioacarloscalvo - intentamos reunir toda canta solidariedade sexa posible para a causa de Carlos e de todas as persoas que en situacións semellantes a el sofren a represión e a vulneración dos dereitos humanos.
Carlos foi detido o pasado 15 de setembro, en Vigo, no medio dunha espectacular operación policial "antiterrorista", en Vigo. Desde aquela está en prisión preventiva, sen respectarse a súa presunción de inocencia e sen ser xulgado, e en menos de 6 meses pasou xa por 4 prisións diferentes (Soto del Real, Aranjuez, Topas e Valdemoro), sometido á continua dispersión e cambio de cárcere por estar baixo o réxime FIES, o que inclúe tamén que todas as súas comunicacións están intervidas e outras limitacións á hora de estudiar, sair ao patio, relacionarse con outros presos...
Carlos envía a través das súas cartas artigos contando o día a día no cárcere e tamén debuxos, que imos publicando no blog e noutros medios de comunicación - no Sermos Galiza, en Praza Pública e en Galizalivre- . Tamén aproveitamos o blog para publicar artigos doutra xente reflexionando sobre a lei de excepcionalidade que se lle está a aplicar a Carlos e outros temas afíns, así como vídeos con xente coñecida dando a súa opinión sobre o tema. 
Dende afapp.gz expresamos toda nossa solidariedade con Carlos, a sua familia e os seus amigxs. 
O actual sistema xudicial e penitenciario só beneficia aos que ostentan o poder, engrilletando a poboación emprobecida e rebelde.
A rede pode contar con nosso apoio, as forzas que temos son as vossas forzas tambén.
Podes escribirlle a:

Carlos Calvo Varela
Centro Penitenciario de Topas
Carretera Nacional 630 Km. 314
37799 Las Abrigadas-Topas-Salamanca

Moito animo, saudos a Carlos e liberdade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario