(...) Hoxe mesmo veume a ver o Subdirector de Seguridade desta prisión
para ocuparse de que me dean as visitas e me deixen chamar por teléfono.
Deume a impresión que falaba (fala) en serio. Ou sexa que podedes facer
público (á parte do meu agradecemento por tanta solidariedade, fax,
etc) que a miña situación carceraria se vai solucionando pouco a pouco; e
que as medidas adoptadas son o "normal" en/con calquera preso FIES; e
non é algo "extraordinario" porque sexa eu.
En caso de que houbese algún "cambio" ou pase algo "anómalo" xa fágovolo
saber. Agora convennos(me) tranquilizarnos(me), un pouco, e ver se
cumpren co que me corresponde (visitas, chamadas, etc)
Gabriel Pombo dá Silva
CP Villena
extraido de Boletin Tokata
Ningún comentario:
Publicar un comentario