18/03/13

Soldados do exército español maltratando prisioneiros iraquianos

Vídeo difundido por El País

Dez anos depois do comezo da guerra do Iraque, saen à luz probas de brutal maltrato a dous prisioneiros iraquianos inflinxido por soldados do exército español. Segundo informa El País, os prisineiros eran custodiados por soldados do corpo de guarda sen formación específica. "A tentación de tomar a xustiza pola man era grande", recoñece un soldado que estivo en Irak.
Un xeneral que ocupou durante catro anos o máis alto mando das Forzas Armadas adoitaba presumir, con certa temeridade, de que ningún dos millares de militares españois que no último cuarto de século desenvolveron misións no exterior fixo nada do que haxa que avergoñarse. Dicíao despois de que se coñecesen imaxes de marines estadounidenses ouriñando sobre cadáveres ou soldados alemáns mofándose de caveiras en Afganistán. Até agora, viuse aos militares españois repartindo comida aos nenos ou curando civís en zonas de conflito. Tamén, aínda que menos, víuselles combater. Todo iso fixérono. En cambio, non se lles viu nunca inflixir malos tratos a prisioneiros. E moitos preferirían que nunca se lles vise facelo. Mais iso non significa que non sucedese.
O vídeo que hoxe difunde EL PAÍS mostra cinco soldados españois entrando nunha cela. No chan, sobre unha manta, con dúas botellas de auga ao lado, hai un home. Un dos soldados ordénalle a berros que se incorpore. O home, prostrado, non parece entendelo. Ao seu lado hai outro detido que a metade da gravación, que dura 40 segundos, é arroxado sobre o primeiro. Tres dos soldados empréndena a pontapés con ambos. Outros dous observan desde a porta da cela. Un sexto grava a escena. Un dos militares patéaos con especial saña. En dúas ocasións parece a piques de marchar, mais vólvese para descargar toda a forza da bota sobre os corpos indefensos. Das vítimas só se escoita ofegar e xemer. Un militar, que durante a malleira estivo ollando desde o limiar da porta, comenta ao final: "Jo! A este se lo han cargado ya".
Mais infomación aqui.

extraido de Esculca Web

Ningún comentario:

Publicar un comentario