15/03/13

"Restrición das liberdades na Galiza: o visíbel e o oculto"

Caderno de Análise coordenado por EsCULcA

Na edición do 15/03, o Caderno de Análise que publica o semanario Sermos Galiza é dedicado ao exame das restricións que sofren as liberdades. O monográfico, coordenado por EsCULcA, inclui artigos de análise das políticas restritivas dos gobernos e o papel dos organismos internacionais, así como testemuños das persoas afectadas por esta situación.
.. No centro do Caderno, dúas entrevistas. Álvaro Rodríguez Caride (pai de preso galego) e  Dolores Riveiro (nai de pesa galega), desvelan a dimensión mais dolorosa da vulneración de dereitos de que son obxecto as persoas presas. Internas, nestes dous casos, en penais ubicados a centos de quilómetros da terra...

O Caderno abre cunha reflexión  (“O autoritarismo como quimera”) de José Ángel Brandariz García. O profesor de dereito penal da Universidade da Coruña e membro da Xunta Directiva de EsCULcA,  analisa as actuais políticas en material policial e punitiva (o chamado programa spanish ñeocon).
“Liberdades na rúa: a loita polo dereito” (da propia EsCULcA) e “Cárceres na Galiza: zona de 'non dereito'”, de Fernando Blanco Arce, presidente do Observatorio, documentan cun importante volume de datos ben contrastados vulneracións de dereitos e actuacións irregulares de axentes das forzas policiais e funcionarios de prisións, ao tempo que revelan as complicidades políticas que facilitan a impunidade destas actuacións.
Julen Arzuaga, deputado vasco e membro do observatorio Behatokia, mostra en “A tortura: unha visión non de parte” o papel dos organismos internacionais na loita legal por erradicar a práctica da tortura e as iradas reaccións dos diferentes poderes do Reino de España frente ás críticas destes organismos.
Finalmente, Médicos do Mundo examina unha das mais infames formas de acoso às persoas inmigrantes: a perda de dereito a asistencia sanitaria, unha medida de tintes xenófobos que alarga a longa lista de discriminacións que sofre este colectivo, asediado por controis policiais racistas, criminalización das súas actividades, internamento irregular en centros prisionais,etc.  


extraido de Web de Esculca

Ningún comentario:

Publicar un comentario