O consello de ministros acordou conceder o indulto parcial a David
Reboredo, extoxicómano e rehabilitado, que estaba condenado a 7 anos de
cárcere. A familia valora o paso como "importante" mais insuficiente
pois "David seguirá na cadea"
O goberno español concedeu o indulto parcial a David Reboredo, polo
que substitúe unha das dúas penas de tres anos e medio de prisión
dictadas pola Audiencia Provincial contra este vigués por unha multa. O
indulto fóralle denegado en dúas ocasións anteriores (setembro e outubro
do ano pasado). Aliás, en decembro, o propio goberno español dicía que
cun 'historial delictivo' como o que tiña este vigués de 43 anos, o
indulto non podía vir así por así. Mais a presión e mobilización
constante de familiares, colectivos sociais e mesmo institucións (o
propio Parlamento de Galiza pideu por unanimidade o indulto) levaron a
que o executivo central aprobase esta medida.
Este vigués é extoxicómano, está rehabilitado e colabora coa
unidade de apoio a drogodependentes do Concello de Vigo.,Etaba
sentenciado a sete años de cadea por vender 0,2 gramos de heroína
Familia
Marco Reboredo, irmán de David, considera que o indulto parcial é "un
paso importante" mais non definitivo porque "en principio, ese indulto
non conleva excarcelación".
extraido de Sermos Galiza
Ningún comentario:
Publicar un comentario