25/01/13

Dolores Riveiro Cotelo Denuncia en Madrid.


A data de 25 de xaneiro de 2013,
Dolores Riveiro Lois, madre de Noelia Cotelo Riveiro, acompañada polo avogado de Noelia, membros da Campaña Contra as Torturas en Prisión, a  Asamblea de Familiares e Amigxs das Persoas Presas-Gz, o Centro de Documentación Contra la Tortura, grupo de mulleres en loita de Madrid, en colaboración con Nais Contra a Impunidade, presentou unha denuncia na Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias e na sede do Defensor do Pobo de Madrid, informando das horribles condicións nas que Noelia está sendo tratada polo funcionariado do cárcere de Ávila, Brieva.
Nestas denuncias esiximos:

ñ Que se garanta o dereito á saúde de Noelia, permitindo que sexa atendida médicamente, e, no caso de ser necesario, trasladala a un hospital.
ñ Que se permita o acceso á prisión a un médico independente para tratar a Noelia e realizar o seguimento dos resultados do tratamento que considere preciso efectuar.
ñ Que se lle permita cumprir condena na súa terra, Galicia.
ñ Como medida de protección cautelar se lle traslade ó CP Albolote (Granada) onde poida desenvolver actividades e progresar de grado, abandoando de esta maneira Primer Grado onde leva 5 anos (isto se debe a que en Galicia non existen modulos de Primeiro Grado para mulleres).
ñ Que lle permitan ter acceso á educación, dereito Constitucional e Dereito Humano que lle está sendo negado en Brieva.
ñ Que lle permitan a un oftalmólogo valorar a súa perda de vista, gravemente acentuada por levar 5 anos en espazos reducidos.
ñ  Que se investigue o motín dos días 28 e 29 de decembro, solicitando de maneira urxente que a Defensora do Pobo de Madrid se entreviste con Noelia e as mulleres presas que considere oportuno.
ñ Entrevista coa Defensora do Pobo de Madrid (isto se debe a que o Valedor do Pobo non ten competencia en matería Penitenciaria..).

De tales denuncias se remitiu copia ó Subcomité para a Prevención da Tortura e outros Tratos ou Penas Crueis, Inhumanos ou Degradantes das Nacións Unidas.

Firmas Online en Apoio: http://www.change.org/es/peticiones/todos-somos-noelia-cotelo-riveiro

afapp-gz

máis info: http://afapp-gz.blogspot.com.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario