Esculca denuncia unha nova
agresión no CP A Lama.
Tivemos coñecemento dunha brutal
agresión sofrida no módulo de illamento de A Lama, coñecido como “el Bunker”.
No traslado entre o módulo 15
(illamento) e o módulo 14 (Primeiro Grado) da persoa presa J.C.C., varios
presos viron o lamentable estado no que se atopa despois de recibir a paliza,
amosando o seu corpo inchado e cheo de magulladuras tras ser agredido por un
elevado número de guardiáns.
Segundo informan, tras recibir a
paliza foi enchufado con unha mangueira de auga, posteriormente o levaron a
unha cela onde foi atado con correas á cama, e cremos, ainda que non o sabemos
con certeza, drogado á forza.
Como consecuencia desta agresión
se interpuxo denuncia por suposto delito de tortura, trato degradante e
lesións.
Na denuncia se solicitou que:
ñ Se reciba
declaración en sede xudicial á maior brevedade e no mesmo servizo de garda a
don M.T.F., con ofrecemento das accións como perxudicado.
ñ Que sexa
recoñecido polo MEDICO FORENSE.
ñ Recibase
declaración na sede xudicial ás testemuñas don J.C.C. e don F.D. en relación a
este feitos.
ñ Recábese
como DOCUMENTAL, informes médicos e de enfermería dos SERVICIOS MEDICOS
PENITENCIARIOS, correspondentes a os días 11 ao 18 de xaneiro de Sr. T.F.
Estes feitos se repiten con
demasiada constancia. O penal de A Lama así como o de Teixeiro acumulan
numerosas denuncias por malos tratos e torturas, así como gran cantidade de
denuncias por carencias médicas, hixiénico-sanitarias, formativas,
estructurais, de concesión de permisos...
Queremos lembrar que durante todo
o inverno as persoas presas se queixan do extremo frío que están soportando nas
celas pois carecen de calefacción, así como das pésimas condicións da comida, e
no caso de Teixeiro, tamén da auga que dende hai meses sae amarela.
É inaceptable que nunha
institución que persegue como suposto fin principal a “reinserción” das persoas
que delinquiron na sociedade, se falte continuamente ao respeto das persoas
presas e dos seus familiares, non plantexando ningún tipo de programa
encamiñado ao desenvolvemento das capacidades dos/as internos/as que lles
permita desenvolver unha vida normal en sociedade.
O goberno emprega os cárceres
como forma de castigo e de agochar os problemas sociais mediante métodos máis
propios dunha ditadura que dunha suposta “democracia”.
Polo tanto, dende a asemblea de
familiares e amigxs nos preguntamos: ¿a quen benefician os cárceres?, é
evidente que ao pobo e aos seus fillos e fillas máis necesitadas non.
¿Son os cárceres a solución ou son parte do problema?
¿Son os cárceres a solución ou son parte do problema?
Basta de torturas, malos tratos,
silencio, humillacións, fomentar a drogadicción e a falta de respeto continuada
aos familiares.
Por unha sociedade sen reixas e
barbarie.
noticia copiada da paxina de Esculca:
EsCULcA reclama actuaçom urgente do Julgado de Guarda de Ponte Vedra num novo caso de alegadas torturas a um interno do centro penitenciário da Lama. As numerosas denúncias de que é objeto este cárcere polas péssimas condiçons de habitabilidade e o agressivo comportamento dos funcionários levou recentemente à D.P. a cursar umha visita de inspeçom.
Por comunicaçom com internos do Centro Penitenciário da Lama, o noso Observatório tivo conhecimento da possível agressom de vários funcionários desse penal ao Sr..T.F. o dia 12/01/2013. Os feitos teriam acontecido entre os módulos XV e XIV e, segundo testemunhos recolhidos por EsCULcA de persoas que puderom observar o estado do sr. T.F. com posterioridade à alegada agressom, este apresentaria sinais evidentes de ter sido vítima de numerosas pancadas.
Toda vez que os feitos narrados por estas persoas poderiam ser constitutivos dum delito de torturas ou tratamento degradante (arts. 173 e 174 do código penal) e dun delito de lesons (art. 147 do mesmo corpo legal), e dada a natureza do presumível delito e o feito de os indícios que permitam determinar responsabilidades poderem desaparecer com o decurso do tempo, EsCULcA instou o passado dia 20 a actuaçom imediata do Julgado de Guarda de Ponte Vedra, solicitando que se receba à maior brevidade declaraçom do Sr. T.F. e das testemuñas J.C.C. e F.D. e se reclamem dos Serviços Médicos Penitenciários informes relativos ao estado do Sr. T.F correspondentes aos dias 11 e 18.
extraido de web da asociación Esculca.
mais info aqui
mais info aqui
Ningún comentario:
Publicar un comentario