22/11/15

[C.P. Batman, Turquía] Presos e presas kurdas denuncian torturas e represión

Abordaxe Revista

Fonte orixinal: ANF (traducido ao castelán por ‘Rojava no está sola’ e por nós ao galego):
the-struggle-continues-graficanera-NO-COPYRIGHT Os presos e as presas do PKK e o PAJK da Prisión Pechada de Tipo M de Batman (Bakur, Kurdistán Norte) enviaron unha carta á opinión pública turca a través dos seus familiares, na que declaran que as políticas de guerra do goberno de AKP están tamén sendo postas en práctica nas prisións.
A carta informa que todos e cada un dos presos e presas políticas está a ser enviadas a prisión despois de romperlles as costelas ou ser suxeito de acoso durante a detención. En consecuencia, a aqueles que están feridos négaselles tratamento antes de encarcerarlles e despois de selo tampouco reciben tratamento.

A carta sinala que o fiscal non fixo caso da denuncia penal presentada polos presos e as presas políticas que son, ademais, suxeito de castigos disciplinarios baixo supostas razóns de “incitar á rebelión” en resposta polas protestas a moi baixa escala contra a atrocidade que sofren.
A carta engade que: “67 presos e presas políticas neste cárcere foron exiliadas a outras prisións e foron substituídas por membros de Hezbollah e ISIS.”

Ningún comentario:

Publicar un comentario