01/11/15

[CP Dueñas] Solidariedade con o anarquista Juankar Santana, quen está sofrendo máis abuso de autoridade dos carcereiros




(extraido de Abordaxe Resvista)

Recibimos por correo esta denuncia da situación de Juankar (que traducimos e colamos):
Novo castigo para o compañeiro
 Ademais dos tres meses de prohibición das visitas e os dous días de illamento total que sufriu agora quérenlle engadir 38 días mais de illamento na cela. Así llo notificaron hai un mes, aínda que nos chegou a noticia hai uns días.
Os feitos

O 15 de agosto o prisioneiro Juankar tiña unha visita coa súa compañeira, un cara a cara programado meses antes; ese día notifícaselle que o cara a cara non o pode facer. Á protesta que segue, por esa arbitrariedade, respóndenlle que por que a súa compañeira veu desde tan lonxe (Italia), “concédeselle” unha visita a través dun cristal. A arrogancia e sen razón dos gardiáns fai que os ánimos se caldeen, Juankar non está disposto a sufrir o enésimo adiamento do seu dereito á visita, grita que ten ese dereito e pide o seu cumprimento. Como resposta lévanno pola forza e méteno dous días en illamento para, logo, trasladalo a un módulo máis conflitivo.
Máis tarde chégalle o aviso da prohibición das visitas polo devandito tempo e agora esta última vinganza por parte dos carcereiros, cara a un detido ao que quererían someter e anular pero non o conseguen. ¿É seica un privilexio pedir que se respecten as súas propias normas?
Algunhas palabras do compañeiro do 15.09.2015
“Esta mañá entregáronme unha proposta de parte disciplinario polo sucedido o pasado 15.08.2015, a parte dos dous días de Illamento Provisional, non contentos con restrinxirme todas as comunicacións por tres meses (…) pois resulta que me propoñen 38 días de Illamento en cela por un só parte con 2 faltas moi graves (Agredir/Ameazar/Coaccionar persoas e Resistencia activa/Grave incumprimento de ordenes) e 2 faltas graves máis (Calumniar/Inxuriar/Insultar/Faltar ao respecto e inutilizar dependencias) e todo isto polos mesmos feitos…”.
As acusacións que se lle imputan comprenden case todo o corolario do código penal: faltan as acusacións de torturas e abuso de poder, estas si, parece ser patrimonio único das autoridades, neste caso carcerarias.
Por todo iso, facemos esta denuncia publica para protestar polas condicións coas que manteñen ao compañeiro. Ningún compañeiro esta só e faremos todo o que esta en as nosas mans para que nin Juankar nin ningún/ha outrx compañeirx pase polo que o esta padecendo.
Contra o seu mundo de cárceres, cadeas e xugos.
¡Non descansaremos ata ver libre ao noso compañeiro Juankar!
¡A solidariedade é a nosa arma!
¡¡Anarquistas contra todas as gaiolas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario