01/11/15

Prorrogan prisión preventiva a Mónica e Francisco.


(extraido de Abordaxe Revista)

Colamos correo que nos remiten as compas de ContraMadriz sobre esta noticia coñecida onte no que se pode considerar un día aciago para o anarquismo, e ampliamos con a información e reflexión do Grupo Pro Prexs de Madrid (antes de coñecerse a ampliación da súa reclusión) que recollemos (e traducimos) e este vídeo da concentración solidaria con Mónica e Francisco de antonte en Madrid. Para que lles fique claro e para que a solidariedade non quede en palabra escrita…:
 


O martes 27 tivo lugar a vista onde se decidía se lles prorrogaban a prisión preventiva a Mónica e Francisco ou lles poñían en liberdade a espera de xuízo. Saíu a resolución, e prorrogóuselles.

A pesar de que a lexislación española contempla os dous anos como o tempo máximo que unha persoa pode permanecer en prisión preventiva, o Estado ten a posibilidade de alongala (argumentando algún tipo de excepcionalidade no caso) durante dous anos máis, e fíxoo.
Hai dous anos, o 13 de novembro de 2013 foron detidos xunto con tres persoas máis, ás cales se lles arquivou o caso. Mónica e Francisco están á espera de xuízo acusados de pertenza a organización terrorista, estragos e conspiración.
O mesmo día que sae esta resolución deteñen a 9 persoas nun novo golpe ao anarquismo en Barcelona e Manresa con dez rexistros en casas e locais.
E ante isto só quédanos encaixar os golpes e seguir adiante, demostrándolles que non están sós e que non conseguirán frear a nosa solidariedade.
PODERÁN DETERNOS, PERO NON PARARNOS.
LIBERDADE ANARQUISTAS PRESXS!
SOLIDARIEDADE COS DETIDOS!
QUEREMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS NA RÚA XA

30acc056eefaa17655fb482e0f42c3aa_M
Os compañeiros Mónica e Francisco esgotaron o período de prisión preventiva (dous anos). Á espera de que resolva a Audiencia Nazional, entre esta noite e mañá, esperamos noticias. Esperamos e desexamos, porque tratándose de xuíces estrelas do rock’n roll “alimentados” por periolistxs e demais escoria a soldo do capital, pódense sacar calquera medida da manga para ratificar o auto de prisión.
Os anarquistas e antiautoritarios debemos construír unha verdadeira comunidade de loita, desde a autonomía dos grupos e individualidades, para defendernos dos ataques “cada vez máis frecuentes” da máquina punitiva-represiva coa que nos están azoutando. Mentres, non cesaremos no noso empeño e seguiremos mostrando e demostrando a nosa solidariedade, con Mónica, con Francisco, con Gabriel, con Noelia, con Fernando, Chavi, Tony, Pedro Pablo, Juan Carlos, Dani… por nomear algúns compañeiros e compañeiras que non calan. A lista sería interminable.
Os cans do estado, os seus amos, o aparello represor e os seus lacaios, non impedirán que sigamos mostrando o noso agarimo e especial empatía a aqueles que non queren ou non poden “adaptarse” á vileza e ao embrutecimento dunha sociedade hipócrita que despreza a aqueles e aquelas que con solidariedade e apoio mutuo, viven o día a día coa ilusión de que un mundo novo, o que levamos nos nosos corazóns, emerxa e dea paso a unha sociedade que nada ten que ver con este produto enfermizo que conseguimos e consentimos: A Sociedade-Cárcere.
A ambos os dous lados do muro, unámonos!!
SOLIDARIEDADE ACTIVA, RENDERSE XAMAIS!!
SAÚDE A XS QUE LOITAN, MORTE AO ESTADO E VIVA A ANARQUÍA!!
MÓNICA E FRANCISCO Á RÚA!!
Grupo Pro Prexs de Madrid

Ningún comentario:

Publicar un comentario