01/11/15

[Mallorca] Morre Osvaldo, un rapaz encirrado no Cárcere para Menores “Es Pinaret” o arder a cela de illamento onde o tiñan encirrado

(extraido de Abordaxe Revista)

Colamos (traducido) do Colectivo No a O’Belen:
menores-infatores
Unha vez máis, morre un rapaz mentres estaba nunha cela de illamento. Unha vez máis chegará un torrente de escusas e posiblemente acabaremos presenciando un bochornoso espectáculo criminalizador dos menores. E, se se complica o asunto, cargarán contra os traballadores en quenda. Pero as irregularidades parecen máis que claras. Na noticia que reproducimos a continuación fica moi claro. Exiximos xustiza:
A investigación policial sobre a morte de Osvaldo, o menor falecido ao arder a súa cela de Es Pinaret, céntrase en saber por que non funcionou o sensor de incendios que había no cuarto de illamento. A Policía Xudicial de Llucmajor traballa para dirimir se se tratou dun saboteo anterior doutros internos ou se foi un fallo no sistema.
A familia personouse na causa.

A medida que avanzan os días vanse coñecendo novos detalles e evidéncianse novos fallos nos sistemas de seguridade do centro de menores, que depende do Govern Balear. O martes, Osvaldo foi recluído na cela de illamento e pouco antes das tres da tarde pegou lume ao colchón cuns mistos que conseguira entrar no centro.
A partir dese momento, encadéanse cinco irregularidades seguidas. A primeira é que os monitores non lle detectan os mistos. A segunda, que o material e a habitación de castigo non é ignífugo, como é obrigatorio. En terceiro lugar o sensor detector de fumes do cuarto non funcionou. A cuarta irregularidade é que os traballadores de garda tardaron bastante tempo en detectar o fume, e foron os berros doutros internos os que lles alertaron. Por último, aos primeiros policías e gardas civís que chegaron a Es Pinaret para axudar prohibíronlles a entrada porque levaban armas. Eses axentes portaban Oxidoc e desfibriladores, que poderían ser de gran axuda nas tarefas de reanimación.
Colectivo No a O’Belen

Ningún comentario:

Publicar un comentario