Colamos convocatória do CSOA “A Quinta da Carminha”, que organizam este concerto solidário com “Nais contra a Impunidade” este vindouro sábado 12 ás 20:30′.
O local do CSOA “A Quinta da Carminha” está na rua do Carme nº 1 de Vigo.
Xa saiu do prelo o nº 3 do noso Boletín e poñémolo a disposición de
quen quixer e damoslle o seu espazo na nosa coluna direita no apartado “BOLETÍNS ABORDAXE” (onde tamén temos os nº 1 de outubro e nº 2 de novembro).
Ao igual que a noticia anterior, esta reflexión (que nos traducimos) ven recollida do Tokata e, tal como dixeramos ao final dela, está incluída no Informe da CPDT de 2014:
Segundo refire algún medio de intoxicación de masas, a petición fiscal para as compas Mónica Caballero e Francisco Solar é de 44 anos de cárcere para cada quen polo atentado á basílica do Pilar en Zaragoza, pertenza a organización terrorista (o suposto GAC-FAI-FRI) e por conspiración para atentar na basílica de Monserrat en Barcelona.
O vindeiro domingo temos actividade anticarceraria en Vigo. O, recentemente liberado e expreso “Pope” para na cidade olívica na sua xira de conferencias para falarnos da sua experiencia e mirar un video.
Os presos e as presas do PKK e o PAJK da Prisión Pechada de Tipo M de
Batman (Bakur, Kurdistán Norte) enviaron unha carta á opinión pública
turca a través dos seus familiares, na que declaran que as políticas de
guerra do goberno de AKP están tamén sendo postas en práctica nas
prisións.
O xulgado de instrución acordara o arquivo após recibir o resultado
da autopsia (perto de un ano despois do falecemento de EGS) sinalando
que o relatorio afirmaba que a morte fora derivada de una patoloxia
cardiaca e sen atender as dilixencias de proba instadas pola
representación da familia.
Hola a todos:
Novamente rompo o meu silencio para volver poñer os puntos baixo as íes
e informarvos de que a Dirección Xeral de Institucións Carcerarias a
través dos seus mercenarios represores (como máximo responsable apunto
directamente, sen favores nin hipotecas, ao Ditatorial Director e
Subdirector de Seguridade deste campo de exterminio de La Moraleja) de
que na actualidade están a tentar, por todos os seus medios represivos,
condicionar a miña liberdade de expresión atentando descaradamente
contra os meus dereitos fundamentais.
Arantza kalera xa!



Ademais dos tres meses de prohibición das visitas e os dous días de
illamento total que sufriu agora quérenlle engadir 38 días mais de
illamento na cela. Así llo notificaron hai un mes, aínda que nos chegou a
noticia hai uns días.
(Extraido de AbordaxeRevista) Proposta
asinada polo Grupo Pro Presxs de Madrid; Tokata; Presxs a la Calle
Asturies; e Ex Presxs Sociales COPEL que fai un chamado para artellar
unha convocatoria para concentrarse en 26 de setembro nas portas dos
cárceres ou fronte ás delegacións do goberno ou xulgados de vixilancia
penitenciaria de cada territorio e exixir que a población reclusa
afectada pola hepatite C reciba, como marca a lei, a asistencia
sanitaria e os tratamentos de última xeración nas mismas condicións que
as demais afectadas.
Compas anticárceres estiveron a currarse este amplo dossier sobre as
barbaridades das que se ten constancia que se cometeran nos últimos dez
anos (e seguen cometéndose) neste penal de A Lama, se ben como apontan: “sen
esquecer que non son casos illados nin puntuais dunha prisión ou outra
senón que é a norma xeral das prisións do estado español”; alén tamén profundizan na realidade carceraria do estado español.