22/02/13

A lei non contempla indenmizacións por cumprir condena superior á sentenza

O ABUSO DA PRISIÓN PREVENTIVA
Catro e dous anos de prisión son as penas impostas pola maxistrada do xulgado do Penal nº1 de Vigo contra T.V. e M.N. respectivamente, os dous sindicalistas xulgados por danos a unha oficina do INEM en 2010. Por esta condena, M.N. non teria que ingresar no cárcere, no entanto non será indemnizado por ter cumprido xa 17 meses en prisión preventiva fora de Galiza.
Os avogados da defensa estudan presentar un recurso de apelación ao non concordar cos argumentos da resolución, se ben as penas impostas prodúcenlles "unha satisfacción relativa", ao seren as penas mínimas a impoñer, fronte aos cinco e dez anos que a fiscalía solicitaba, respectivamente, para Nicolás e Varela.

Así as cousas, e malia a que, tal e como advirten desde a defensa "é o xuíz quen decide", Miguel Nicolás non tería que volver entrar na cadea ao ser de dous anos a pena a cumprir e carecer de antecedentes. De ingresar no cárcere, cómpre lembrar que ficou en prisión preventiva e suxeito á dispersión un ano e cinco meses, desde a súa detención o 15 de decembro de 2010 até a súa posta en liberdade o 2 de maio de 2012, após pagar unha fianza de 3.000 euros.
Coa sentenza na man e ollando a pena que a xuíza decretou para el, Borxa Colmenero, avogado de Nicolás, ten claro que "non tiña que ter entrado" e informa de que o Estado español non contempla mecanismo ningún de indemnización para supostos de pres@s que cumpren prisión preventiva e a súa condena é inferior ao tempo que pasaron na cadea. "Unicamente se indemniza cando a sentenza é absolutoria e non había indicio ningún; na práctica, non se indemniza a ninguén", explica o letrado.

extraido de Esculca

Ningún comentario:

Publicar un comentario