05/02/13

SOLIDARIEDADE URXENTE CON NOELIA COTELO EN FOLGA DE FAME DENDE 08/01/2013 PERIGO DE COMA HIPOGLUCÉMICO


ENVIO DE FAXES Ó SECRETARIO XERAL DE INSTITUCIÓNS PENITENCIARIAS E Á DEFENSORA DO POBO
6-7-8 de Febreiro

Fax S.G.I.P. : (+34) 913354052
Fax Defensora do Pobo: (+34) 913081158 
descarga o fax aqui

 Á data de 05/02/2013 a vida de Noelia Cotelo Ribeiro, veciña de A Coruña, encóntrase en grave perigo no Centro Penitenciario de Brieva, Ávila.

Noelia retomou a Folga de Fame, as súas reivindicacións son:
 *Levantamento da Suspensión das Comunicacións.
*Traslado fora do CP Brieva, Ávila.  Achegarse a súa terra, Galiza.
*Que non haxa homes nas cadeas de mulleres.
*Fin das Torturas e Malos Tratos na Prisión.
 Noe chamou á súa nai o luns 5 ás 17`30 hrs para informarlle do seguinte:
*Tubérona esposada das 10´00 ata as 16´00. Momento no que a Dr.Teresa díxolles ós funcionarios que debía estar en reposo e debían deixala ir a cama.
*A Dr. Teresa  tomou unha mostra de sangue e obtivo un nivel de glucosa de 30 mg/dl.
Avisoulle de que podería entrar en COMA HIPOGLUCÉMICO.
*Di que ten todo o corpo cheo de magulladuras dunha nova paliza.

O Síndrome Hipoglucémico prodúcese cando o nivel de glucosa no sangue é inferior a 50-60 mg por 100 ml.
O coma hipoglucémico prodúcese cando o valor é tan baixo no sangue que o cerebro non obtén as calorías suficientes para as súas funcións (o cerebro  só se alimenta de glucosa).

Actualmente a Noelia néganselle as visitas da súa nai e amigas, a asistencia sanitaria, así como o dereito á educación.
A Noelia un funcionario agrediulle sexualmente estando atada e drogada,  golpeáronlle en múltiples ocasións, negáronlle a medicación para a infección de oido, falseáronlle os datos da Folga de Fame, estánlle obligando a ducharse con auga fría, retiráronlle mantas e roupa de abrigo, non permitindo á súa familia e amigxs entregarlle máis.
5 anos en réxime de aillamento, 5 anos resistindo á privación sensorial, catalogada pola ONU como Tortura Branca.
Xa abonda de Dispersión, de Torturas, de Mentiras, de Aillamento.
Queremos a Noelia ceibe, coas súas amigxs e familia, queremos te-la preto e coidala.
O Estado encerra persoas e as maltrata, ¿é esta a súa reinserción?

NOE LIBERDADE, NOE COA SÚA XENTE, NOE COA SÚA FAMILIA

SOLIDARIEDADE URXENTE CON NOELIA, ELA ESTÁ DISPOSTA A LOITAR ATA O FINAL,
¿QUÉ ESTAMOS DISPOSTXS A FACER NÓS?
XA ABONDA DE INXUSTA XUSTIZA

¿SON AS CADEAS A SOLUCIÓN, OU PARTE DO PROBLEMA?


2 comentarios:

  1. que se joda la terrorista
    pena de muerte ya para esta escoria

    ResponderEliminar
  2. Dende a editorial do Blog, poderiamos borrar este comentario, pero preferimos deixarlo para mostrar a talla intelectual e moral de algunhas persoas.
    affap.gz

    ResponderEliminar