18/02/13

Carta-Denuncia dirixida ao Congreso dos Deputados dun preso solidario sobre a situación de Noelia



Ao Congreso dos Deputados (Comisión de Peticións):

Sr.es. Congresistas, Deputados, Senadores. Como de novo podemos observar, e grazas á vosa miopía interesada, e como non á política en materia carceraria que é froito da vosa conciencia de "casta de dirixentes": é dicir, mantervos custe o que custe no Poder, aceptando como medios entre outros, non só o MEDO e a TORTURA se non chegando ao Crime de Estado. Outra compañeira nosa, no cárcere de Brieva, foi torturada e agredida sexualmente "presuntamente"… Non lles vou facer ningún reproche moral por isto: Os/as crápulas como vós tedes moral: a moral da decrepitude dos dexenerados pederastas, a moral dos liberinos, entón para que? Tan só dicirvos que canto antes "desmanteledes" toda esta merda de matadoiros carcerarios, vos desmantelaredes a vós mesmos/ás, mellor para todos vai ser. Non imos esquecer VERDUGOS e eu polo menos asegúrovos que vos vou devolver "golpe por golpe" pero de forma desproporcionada.

Pola liberdade de Noelia, de todos/ás os/ás compas enfermos/ás terminais, coa condena cumprida coa vosa merda de leis funcionais/discrecionais nun só sentido: cando se trata de beneficiar aos "soldati" da vosa camada, xa que nin tan sequera sodes gobernos, nin provinciais, nin autonómicos nin a nivel nacional, tan só sodes unha "banda mafiosa" organizada para saquear os incautos que creen aínda no Estado "porco español".

TÉDELO MOI MOI MAL.

Un Preso do arquipélago carcerario español

extraido de revista abordaxe

Ningún comentario:

Publicar un comentario