A Deputación de Gipuzkoa esixe
«recoñecer e reparar» as persoas que foron vítimas de tortura ou malos
tratos nun acto celebrado con motivo do Día da Tortura. O Deputado
Xeral, Martín Garitano esixiu «recoñecer e reparar» as persoas que foron
vítimas dos malos tratos como «un pequeno paso» cara á construción dun
futuro baseado nunha «paz xusta».
Garitano afirmou que a Deputación «ten claro» que é necesario «dar pasos no recoñecemento das vítimas do conflito», e que nese camiño «hai que expresar de forma clara e rotunda que a tortura é unha vulneración moi grave dos Dereitos Humanos».
Por iso, destacou a importancia de «recoñecer e reparar» as cidadá/ns vítimas de «esta atrocidade».
O acto incluíu a lectura dunha pasaxe da peza teatral "A morte e a doncela", ao que seguiu o testemuño de tres persoas que sufriron malos tratos: Agurtzane Juanena, Maialen Eldua e Martxelo Otamendi.
extraido de esculca web
Ningún comentario:
Publicar un comentario