Ante o anuncio de que a Secretaría
Xeral de Institucións Penitenciarias pretende suprimir as gardas médicas
de presenza física nalgúns Centros Penitenciarios, para aforrar xesto
por culpa da crise, a Plataforma SOS Sanidade Pública, quere comunicar
que:
1.-
Compartimos a preocupación e rexeitamento expresado pola SOCIEDADE
ESPAÑOLA DE SANIDADE PENITENCIARIA que atribuía esta medida á vontade de
aforro orzamentario da administración , xa que non estivo precedida de
ningún estudo nin foi consensuada os profesionais da Sanidade
Penitenciaria
2.- Empeorará a saúde da poboación recluída, atentando contra o dereito á saúde das persoas privadas de liberdade
3.- Vulnerará o dereito a unha atención sanitaria en condicións de respecto ao resto da poboación.
4.- Terá serias repercusións para a saúde dun colectivo moi
vulnerable dado que entre eles danse con maior intensidade problemas de
consumo de drogas, VIH, enfermidades transmisibles, etc e as prisións
están na súa maioría a bastantes quilómetros de distancia dun Centro
Hospitalario polo que a ausencia de servizo atrasará a asistencia médica
de urxencias desta colectivo. A distancia en tempo de Teixeiro A
Coruña son 40 minutos , a Santiago unha hora, a Lugo 45 minutos, En A
Lama, dende Vigo son 47 minutos e dende Pontevedra son 34 minutos;
Pereiro , dende Ourense son 20 minutos.Monterroso , dende Lugo, 37
minutos e Bonxe , 23 minutos
5.- Deixará a decisión sobre unha atención médica inmediata dun
interno en mans dos funcionarios, función para a que non están
capacitados.
6.- Paradóxicamente a supresión das gardas incrementará o gasto
sanitario dado que a actuación destes servizos fan innecesarios moitos
traslados a Centros Hospitalarios de referencia
7.- Exisimos a integración da sanidade penitenciaria nos respectivos
servizos públicos sanitarios a fin de evitar as diferenzas asistenciais
existentes, en cumprimento do previsto na Ley de Cohesion del Sistema
Nacional de Salud.
extraido de Diario Liberdade
Ningún comentario:
Publicar un comentario