05/02/13

Novedades Noelia 5 Febreiro 2013


Novidades Noelia 04/02/2013. Reunión co “Defensor del Pueblo”
Ás 17´00 hrs do Luns 4 de Febreiro reuniuse Dolores Cotelo acompañada do abogado de Noelia e asociacións que traballan na defensa dos dereitos das personas presas co “Defensor del Pueblo” na sede central de Madrid.
Tanto Dolores como as persoas acompañantes expresaron a súa preocupación pola actual situación que esta a atravesar Noelia, así como o resto de mulleres presas no cárcere de Ávila, lembrando os dous episodios de violencia de Decembro que o centro calificou de Motín solicitando unha investigación.
Lembramos que Noelia comezou unha folga de fame o día 08/01/2013, que abandoou os días 25 e 26 polos avances na súa situación. Lamentablemente ó dia seguinte comunicáronlle a suspensión de comunicar por tres meses coa súa Nai máis unha amiga, polo que Noe comezou unha nova Folga de Fame dende o día 27/01/2013.
Durante a reunión realizáronse dúas chamadas ó Centro Penitenciario coa intención de falar co médico que debería atender a Noelia e pedirlle explicacións pola desatención sanitaria da que ven sendo obxeto e as medidas disciplinarias. Eles recoñeceron que Noe “está muy deteriorada”, mais nada máis. 

Comunicóuselle ó Defensor que trala derradeira visita realizada pola nai de Noelia e unha amiga o 26 de xaneiro, Noe recibiu unha notificación na que lle suspendían un Vis a Vis que tiña previsto coa súa nai, así como as comunicacións polos próximos tres meses, alegando os problemas ocurridos na derradeira visita, sen dar máis detalles. O Defensor afirmou que non se pode quitar o dereito dunha nai a visitar a súa filla e comprometeuse a investigar o sucedido e ir visitar a Noelia. Agardamos o momento en que o fagan.
Lembramos que na derradeira visita Dolores e a amiga de Noe intentaron entregar un paquete no que iban mantas, roupa de abrigo e material escolar, non permitíndollo o funcionario de turno alegando que o reglamento únicamente permite meter un paquete ó mes.
De idéntica forma, no locutorio Noe ensinou a Dolores e a súa amiga un sobre que contiña as denuncias que interpuxera, así como as notificacións que o Centro Penitenciario comunicáralle, indicándolles que non marcharan de alí sen o sobre.
Ante a negativa do Funcionario a sacar o sobre, Dolores e a amiga de Noe pediron constancia por escrito, ó que o funcionario  negouse.
Posteriormente supimos que dito Funcionario presentouse na celda de Noe para coller o sobre, pero avisou que o material que contiña iba ser estudiado, polo que terían que abrilo, ó que Noe negouse.

A día 05/02/2013 Noelia leva en Folga de Fame 28 días, dos que comeu dous días. Continuan a  obligarlle a facer a ducha con auga fria e a negarlle o dereito á asistencia médica e máis o dereito a estudiar.

As súas reivindicacións son:
- Levantamento da Suspensión das Comunicacións.
- Traslado fora do CP Brieva, Ávila.  Achegamento a súa terra, Galiza.
- Que non haxa homes no cárcere de mulleres.
- Fin das Torturas e Malos Tratos na Prisión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario