Estiven os dous primeiros meses na Lama, onde se vulneraron completamente todos os meus dereitos, impedíndome as comunicacións co exterior e isolándome para manterme ignorante a respecto da solidariedade que fóra estaba a agromar. Após denunciar a prisión unha e outra vez, mandáronme dispersado para Asturies.
Alí levei un réxime de vida normal até que quixen ter unha cela para min propio xa que me estaban a aplicar o réxime FIES. Acabei no isolamento recibindo ameazas continuadas por parte do funcionariado, dicíndome que me ían levar a Cádiz, a un módulo onde non me ían quedar nin as zapatillas, ao ver que non me dobregaba a partillar cela, mandáronme castigado para Zaragoza.
O trato cos funcionarios foi aínda máis agresivo. Fun testemuña de malleiras a outros presos, intentaron pegarme dúas veces e non o fixeron porque denunciei co meu avogado e enteráronse porque me tiñan as comunicacións intervidas... e así até a miña posta en liberdade. O trato foi moi malo e os funcionarios son verdadeiros maltratadores, aínda que comigo non pasaran das ameazas.
Pregunta: Como lembra o día en que o prenderon?
Resposta: Con certa sorpresa. Pasara moi mala noite e saía para o médico. Esperábame a
policía diante da casa, acusándome do acontecido na madrugada do día anterior:
un ataque cun cóctel molotov a unha oficina de emprego no barrio de Coia.
Estiven tres días nos calabozos convivindo con ameazas, chantaxes e todo tipo
de amedrentamento, e desde alí transladáronme a A Lama.
"Se non fose un xuízo político
poderiamos desartellar as probas prefabricadas que teñen contra nós"
P: Estivo preso un
ano e cinco meses, quedou libre após pagar 3 mil euros de fianza e agora
enfróntase a unha petición de pena de cinco anos de cárcere. Parécelle
proporcionado en relación aos feitos que se lle imputan?
R: Está claro que
tanto a petición da fiscalía como a prisión preventiva en que aínda se atopa
Telmo [Varela, ex membro do Grapo e que foi detido o 10 de marzo de 2011] son
absolutamente desproporcionadas.
Con independencia da veracidade dos feitos, é un xuízo
marcadamente político. Aplicáronnos a lei antiterrorista e tiñan todas as nosas
cartas, correos-e e as comunicacións intervidas, levándonos a até 900
quilómetros da Galiza... parece de mentira, despois de todos os delitos de
verdade que lemos cada día na imprensa, de roubos contra o erario público que
afectan o conxunto da sociedade e perpetrados por unha casta política corrupta.
Que vendo isto se nos pidan a nós 15 anos de cadea [entre os
dous] baixo a acusación de tirar un cóctel molotov contra unha oficina de
emprego que ás poucas horas estaba funcionando con normalidade... é unha
barbaridade! Non se nos acusa de matarmos ninguén, nin de colocar unha bomba,
para que se nos tratara e continúen a tratar a Telmo como un terrorista.
"Aplicáronnos a lexislación
antiterrorista como estratexia de criminalización da clase obreira"
P: O seu xuízo non
van levalo na Audiencia Nacional española, mais as medidas que se lles foron
impoñendo son propias da lexislación antiterrorista.
R: Efectivamente, e
responde a unha estratexia de criminalización da clase obreira galega nestes
tempos de conflitividade, e naquela época tamén, que estabamos en plena
reconversión naval, cos conseguintes recortes de dereitos e unha taxa de paro
que alcanzaba a 250 mil obreiras e obreiros da Galiza.
Ameazaban con nos quitar os 420 euros de axuda dos que dependían
moitos e máis agresións aos nosos dereitos laborais que había e que continúan
hoxe. Por medo á radicalización da clase traballadora o que fixeron foi empezar
a aplicar medidas exemplarizantes e a falar de encarceramentos, de leis
antiterroristas.
Todo isto entra dentro desa teima do Estado español de
amedrentar a clase obreira e intentar desmobilizala para continuar coa folla de
ruta que pretenden para arrebatarnos todos os dereitos conquistados hai décadas
e dilapidar sectores produtivos como o naval sen que se mova ninguén porque
temos medo.
P: Cal é a situación
actual de Telmo Varela?
R: Pois chegou á Lama esta cuarta feira aínda, a uns días
do xuízo e depois dunha cunda [a viaxe de translado dunha prisión a outra] que te
deixa rebentadísimo. Tiñan que o traer un mes antes para lle facilitar a
comunicación co seu avogado. Se a miña liberdade provisoria custou catro
tentativas, con escusas como o risco de fuga, a proximidade con Portugal ou que
a crise non rematara, Telmo pasou polo mesmo.
Até lle dixeron que lla denegaban porque non ten arraigamento
familiar nin laboral, cando todos os meses van visitalo a súa compañeira, o seu
fillo de 11 anos, os seus amigos e na empresa ten un contrato de traballo que
agarda por el para cando saia. Mais segue preso, e dispersado, xa pasou por
tres cadeas e pídenlle dez anos de cárcere.
''Os funcionarios son verdadeiros
maltratadores, aínda que comigo non pasaron das ameazas''
P: E vostede, por
cantas cadeas pasou? Cal foi o tratamento que recibiu e como foi o proceso
xudicial até o de agora?
R: Eu pasei por
outras tres cadeas. Estiven os dous primeiros meses na Lama, onde se vulneraron
completamente todos os meus dereitos, impedíndome as comunicacións co exterior
e isolándome para manterme ignorante a respecto da solidariedade que fóra
estaba a agromar. Após denunciar a prisión unha e outra vez, mandáronme
dispersado para Asturies.
Alí levei un réxime de vida normal até que quixen ter unha cela
para min propio xa que me estaban a aplicar o réxime FIES. Acabei no isolamento
recibindo ameazas continuadas por parte do funcionariado, dicíndome que me ían
levar a Cádiz, a un módulo onde non me ían quedar nin as zapatillas, ao ver que
non me dobregaba a partillar cela, mandáronme castigado para Zaragoza.
O trato cos funcionarios foi aínda máis agresivo. Fun testemuña
de malleiras a outros presos, intentaron pegarme dúas veces e non o fixeron
porque denunciei co meu avogado e enteráronse porque me tiñan as comunicacións
intervidas... e así até a miña posta en liberdade. O trato foi moi malo e os
funcionarios son verdadeiros maltratadores, aínda que comigo non pasaran das
ameazas.
P: Recuperou o seu
traballo cando voltou a Vigo? Cal é a súa situación actual?
R: Son electricista e
traballei nos asteleiros de Barreras e Freire. Após quedarmos no paro,
tratabamos de dinamizar con Telmo e outros compañeiros unha asembleia de
desempregados en Vigo. Cando me meteron preso levaba tres semanas traballando
como técnico de adsl e ao saír tocou buscar emprego. Fixen un curso de enerxía
solar térmica que durou seis meses e acabou hai pouco. Agora estou centrado en
preparar o xuízo. Ao me pediren cinco anos podería ter que entrar outra vez.
"A represión
está a se cebar con quen se move nun contexto de protesto e combatividade"
P: Como atopou a
situación do naval após ese tempo preso? Viu un aumento na persecución da loita
obreira?
R: Da CUT téñenme
chegado novas da represión sindical en forma de sancións económicas sangrantes.
Están tamén os compañeiros da CIG aos que lles pedían seis anos de prisión. A
compañeira Laura Bugalho, xulgada por protexer inmigrantes sen papeis. Están
dispostos a criminalizar todo o que se atreva a protestar, o que non entre
dentro dos parámetros do sindicalismo oficial, comprado con suculentas
subvencións.
Non só a loita obreira, senón tamén a cazaria emprendida contra
o independentismo, con todas as montaxes policias e as denuncias de torturas
nas últimas detencións que dubido sexan investigadas. A represión está a se
cebar con quen se move nun contexto de protesto e combatividade.
O naval? Levo todo este tempo enviando currículos e non recibín
resposta ningunha. Malia as promesas do señor Feijóo [ironiza], o sector está
de capa caída.
P: Como afronta o
xuízo?
R: Tanto Telmo coma
min imos afrontalo da maneira máis técnica, profesional, rigurosa e obxectiva.
Porén, somos conscientes de que imos topar cunha arbitrariedade por parte do
sistema onde a fiscalía é a mesma que colaborou co ministerio de Interior para
nos meter presos daquela. Se todo fose de maneira técnica poderiamos
desartellar a montaxe policial e as probas prefabricadas que teñen contra nós.
O sumario semella un filme de ficción.
P: Confían en que
sexa así?
R: Sinceramente? Non.
Visto o visto, vivido todo o que vivimos e ouvidos os argumentos para nos
manter na prisión... o xuízo é político e pregúntome como van xustificar as
irregularidades cometidas desde o momento en que se nos aplicou unha
lexislación antiterrorista. Como non van querer xustificalo, e tamén para
amedrentar a clase obreira máis consciente, intentarán condenarnos. Como sexa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario