Há uns días neste mesmo blogue anunciabamos a Charla de Lugo
organizada pola Asamblea Anarquista de Lugo, no CSO Madia Leva, agora,
tras receber outros correos con as convocatorias de Compostela e a
Corunha, reunimos todas as convocatória neste mesmo post:
Asín no trascurso desta semana falarase das torturas e maus tratos baixo custodia nestas palestras que terán lugar en:
- Mércores dia 27 às 17h en A Corunha, no CSO Palavea (antes haberá comedor pro-presxs às 14.30h)
- Xoves, día 28 en Compostela, xornada dupla: às 17.30h no salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación e a partir das 20.30h no CSO Casa do Vento ( con posterior ceador pro-presxs )
- Venres, día 1 de marzo en Lugo ás 20h, no CS Madia Leva
En "leer más" ampliamos a información con as diferentes ponentes e disponibilizamos os cartazes específicos de cada localidade.
Participarán para isto, a nai e o pai de David Blanco (morto en comisaría en raras circunstancias en Xixón) e a nai de Noelia Cotelo.
Esta última atópase no cárcere de Ávila, no cal neste último tempo non
paran de machacala: abusaron sexualmente dela, provocáronlle lesións,
negáronlle a atención médica cando a está a precisar continuamente,
dificúltanlle as comunicacións, etc. Interrumpeu a folga de fame fai ao
redor dunha semana estando en perigo de coma hipoglucémico pero sigue
combatendo e denunciando a súa situación.
Por outra banda en Lugo estará Baldomero Lara (ex-preso FIES) e na Corunha e Copostela, Buter presentará o último número de Punto de Fuga, a publicación anticarceraria de moitos anos de traballo e adicado esta vez sobre todo á tortura.
Estades convidadas a participar!
extraido de Abordaxe Revista
Ningún comentario:
Publicar un comentario